1492: Conquest of Paradise , a enciclopedia libre
1492: Conquest of Paradise é unha longametraxe dirixida por Ridley Scott que foi estreada en 1992. Escrito por Roselyne Bosch, o filme foi realizado para conmemorar o 500 aniversario do descubrimento de Cristovo Colón (Gérard Depardieu).
Sinopse
editarCristovo Colón, un navegante xenovés, soña con atopar unha nova ruta marítima que lle permita á Castela chegar directamente ós mercados de Asia, á fin de prescindir dos intermediarios que encarecían as mercadorías. Colón presentara o seu proxecto ó rei de Portugal, pero foi rexeitado porque considerábano posible pero demasiado custoso. Tamén en Castela foi rexeitado nun principio. A pesar de todo, Colón consegue o apoio do padre Marchena e do armador Martín Alonso Pinzón. Ademais, o banqueiro valenciano Luis de Santángel promételle unha audiencia coa Raíña Sabels de Castela, quen aproba o proxecto. O 3 de agosto de 1492, Colón parte do Porto de Palos e o 12 de outubro de 1492, 'La Pinta', 'La Niña' e 'La Santa María', atracan nunha pequena illa do mar Caribe á que chamarán San Salvador, un illote do estado actual das Bahamas. Colón descobre un novo continente que fai medrar os límites do mundo coñecido ata entón.
Personaxes
editar- Gérard Depardieu como Cristovo Colón
- Sigourney Weaver como Sabela de Castela
- Ángela Molina como Beatriz Enríquez de Arana
- Loren Dean como Fernando Colón, adulto
- Armand Assante como Gabriel Sánchez
- Fernando Rey como Antonio de Marchena
- Tchéky Karyo como Martín Alonso Pinzón
- Frank Langella como Luis de Santángel
- Fernando Guillén Cuervo como Giacomo Colón
- Achero Mañas como Rodrigo, tripulante
- Mark Margolis como Francisco de Bobadilla
- Steven Waddington como Bartolomé Colón
- Michael Wincott como Adrian de Múxica
- Arnold Vosloo como Hernando de Guevara
- Kevin Dunn como Capitán Méndez
- Kario Salem como de Arojaz
- Juan Diego Botto como Diego Colón
- Isabel Prinz como Dueña
- Jack Taylor como de Vicuña
Galardóns e nomeamentos
editar- 1993: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor Banda Sonora (Vangelis).
- 1992: Nomeada pola British Society: Mellor Fotografía.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- 1492: Conquest of Paradise na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)