ATR 42 , a enciclopedia libre
O ATR 42 é un avión bimotor turbohélice rexional de curto alcance fabricado en Francia e Italia por ATR (Aerei da Trasporto Regionale ou Avions de transport régional). Os modelos de ATR son ensamblados finalsmente en Tolosa, e comparten recursos e tecnoloxía con Airbus. O nome "42" ven do número estándar de asentos do avión, que varía de 40 a 52. O aparello serve como base para o máis grande ATR 72.
ATR 42 | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | familia de aeronaves ![]() |
Subclase de | twin-turboprop airliner (en) ![]() ![]() |
Uso | aviación comercial ![]() |
Produción | |
País de orixe | Francia ![]() |
Fabricante | ATR ![]() |
Características | |
Autonomía | 850 km e 459 mn ![]() |
Velocidade máxima | 270 kn ![]() |
Impulsado por | Pratt & Whitney Canada PW100 (pt) ![]() ![]() |
Configuración da á | shoulder wing (en) ![]() ![]() |
Datas e localizacións | |
Primeiro voo | 16 de agosto de 1984 ![]() |
Dimensións | |
Altura | 7,59 m ![]() |
Lonxitude | 22,67 m ![]() |
Capacidade | 50 ![]() |
Masa | 16.900 kg ![]() |
Capacidade máxima | 50 ![]() |
Envergadura | 24,57 m ![]() |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | ATR ![]() |
Operador/a | |
Contacto | |
Páxina WEB | atraircraft.com ![]() |
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
Deseño e desenvolvemento
editarO ATR 42–300 foi anunciado en 1981, facendo o seu voo de estrea o 16 de agosto de 1984. As certificacións francesa e italiana chegaron en setembro de 1985 e o seu primeiro servizo foi no mes de decembro dese ano con Air Littoral.[1] Esta versión inicial do ATR 42 fabricouse ata 1996. A seguinte actualización do avión foi o ATR 42-320 (tamén producido ata 1996), que estaba equipada cos máis potentes motores PW-121. O ATR 42-300QC é unha versión convertible de pasaxeiros/carga da serie −300.[2]
A seguinte versión de produción é a serie -500. Esta foi unha versión mellorada con motores PW127, hélices de seis pás, rendemento mellorado en ambientes quentes e altos, máis capacidade de peso e unha cabina de pasaxe mellorada. O ATR 42–500 foi certificado en xullo de 1995.[2] A versión actual en fabricación é a serie -600. Anunciada en 2007, as súas entregas comezaron no ano 2012 e é semellante ao -500 pero equipado con motores PW127M, unha nova cabina de mando e varias melloras menores. En abril de 2017 foran entregados 457 ATR 42 en todo o mundo.
Notas
editar- ↑ ATR (ed.). "Milestones". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2006. Consultado o 7 de maio de 2017.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ 2,0 2,1 Airliners (ed.). "ATR 42". Consultado o 7 de maio de 2017.