A Beautiful Lie (sinxelo) , a enciclopedia libre
"A Beautiful Lie" é o cuarto sinxelo da banda 30 Seconds to Mars do álbum "A Beautiful Lie". O final do vídeo de "From Yesterday", o seu terceiro sinxelo, é tocada a primeira parte de "A Beautiful Lie", dando a coñecer que este sería o seu próximo sinxelo. O 2 de maio de 2007, anunciouse na páxina oficial de 30 Seconds to Mars. A banda non podía decidir se o seu próximo sinxelo sería "A Beautiful Lie" ou "The Fantasy". Ambas as cancións "contiñan mensaxes que desexabamos dar a coñecer". Nunha entrevista durante a súa xira europea, o vocalista da banda, Jared Leto, dixo que o vídeo para "A Beautiful Lie" estaría rematado para xuño ou a máis tardar xullo.
A Beautiful Lie | |
---|---|
Tipo | sinxelo ![]() |
Xénero artístico | Post-grunge ![]() |
Autoría | |
Interpretado por | 30 Seconds to Mars ![]() |
Temática | |
Parte de | A Beautiful Lie ![]() |
Publicación | |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Produtor/a | Josh Abraham (pt) ![]() ![]() |
Selo discográfico | Virgin Records ![]() |
Formato de distribución | desarga dixital ![]() |
Cronoloxía | |
Fontes e ligazóns | |
Redes | ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
De acordo a EMI Xapón, o vídeo para "A Beautiful Lie" ía ser filmado tanto en Alasca, como no Polo Norte. Porén, Jared Leto decidiu cambiar o sitio a Groenlandia e a banda comezou a gravar o 29 de agosto. No sitio de Yahoo! Music saíu a data de lanzamento deste vídeo, cambiando do 12 de novembro ó 5 de decembro de 2007.
Jared Leto ademais dixo nunha entrevista por teléfono con 99X en Atlanta que o vídeo sería como un filme e un documental. En Yahoo! Music Premieres foi anunciado que o vídeo non ía ser lanzado ata 2008, o 16 de xaneiro concretamente. O 29 de xaneiro apareceu na páxina MySpace, pero EMI Records reclamou o Copyright do vídeo e a páxina eliminouno, ó igual que ocorreu con YouTube. Ó parecer, o vídeo filtrouse pola rede, o mesmo que sucedeu co CD "A Beautiful Lie". O vídeo trata, máis que nada, de crear unha conciencia sobre os efectos que produce o home polo sobre uso dos recursos que ten ó seu alcance, ou sexa, sobre o Quentamento Global. Ademais, creouse unha web para apoiar esta causa: ABeautifulLie.org
Lista de temas
editar# | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "A Beautiful Lie" (Single Shot) | 4:05 |
2. | "A Beautiful Lie" (Half Caf) | 3:50 |
Posición nas listas
editarAno | Lista | Máxima posición |
---|---|---|
2007 | U.S. Billboard Modern Rock Chart | #37 |
2008 | MTV - Hit List Portugal | #2 |
2008 | Portugal Singles Chart | #23 |
2008 | Alemaña Singles Chart | #92 |
2008 | Los 10+ Pedidos Arxentina | #1 |
2008 | Los 10+ Pedidos México | 1(X3) |
2008 | MTV Top 10 Brasil | #1 |
2008 | Los 10+ Pedidos Centro | #9 |