Adobe Flash , a enciclopedia libre
Adobe Flash (antes: Macromedia Flash), ou simplemente Flash, é un programa principalmente de gráfico vectorial - a pesar de soportar imaxes bitmap e vídeos - utilizado xeralmente para a creación de animacións interactivas que funcionan embutidas nun navegador web e tamén a través de escritorios, móbiles, teléfono, tabletas e televisores. O produto era desenvolvido e comercializado por Adobe Inc., empresa especializada en desenvolver programas que auxilian o proceso de creación de páxinas web.
Adobe Flash | |
---|---|
![]() | |
Nome curto | Fl ![]() |
Instancia de | programa, motor de software, editor de gráficos vectoriais e plataforma ![]() |
Obra derivada | Adobe Flash Professional (en) ![]() ![]() |
Uso | programa de gráficos 2D ![]() |
Licenza | licenza de propiedade ![]() |
Características | |
Sistema operativo | Microsoft Windows, Linux e macOS ![]() |
Linguaxe de programación | ActionScript ![]() |
Dispositivo de entrada | interface gráfica de usuario e script (en) ![]() ![]() |
Datas e localizacións | |
Descontinuación | 31 de decembro de 2020 ![]() |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | Adobe ![]() |
Cronoloxía | |
Contacto | |
Páxina WEB | adobe.com… ![]() |
Redes | ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Adóitase chamar só de flash os arquivos xerados polo Adobe Flash, é dicir, a animación en si. Estes arquivos son de extensión ".swf" (de Shockwave Flash File). Poden ser visitadas nunha páxina web usando un navegador que soporte (xeralmente con plug-in especial) ou a través do Flash Player, que é un leve aplicación de só lectura distribuído gratuitamente por Adobe. Os arquivos feitos en Flash son comunmente utilizados para propaganda animada (banners) en páxinas web, pero evidentemente non limitándose a iso, pois existen diversos xogos e presentacións dos máis variados tipos utilizando a tecnoloxía. Mesmo sitios enteiros poden ser feitos en ".swf".
En versións recentes (a partir da versión 5), a Macromedia expandiu o uso de Flash para alén de simples animacións, pero tamén para unha ferramenta de desenvolvemento de aplicacións completas. Isto grazas aos avances na linguaxe ActionScript, que é a linguaxe de programación utilizada en aplicacións de ficheiros Flash (.swf). A terceira versión desta linguaxe acaba de ser lanzada, facendo máis doado e rápido crear aplicacións para web, ademais de contar con recursos moito máis poderosos.
Unha nova plataforma, chamada Apollo, está a ser lanzada por Adobe e ten como obxectivo solidificar o desenvolvemento da linguaxe ActionScript, sexa a través de Flash, de Adobe Flex ou doutros programas.
A historia do Flash
editarO Flash veu de programas que foron desenvolvidos para deseños sen animacións. Despois diso, Jonathan Gay traballou incansablemente para desenvolver programas que tivesen algunha interactividade e animación. O Intellidraw, ademais de deseñar, podería engadir comportamentos interactivos a eses deseños. Pero, aínda así, os programas eran difíciles de seren manipulados, pois eran feitos con joysticks e logo utilizaron plumas que deseñaba en mesas (boards). Da necesidade dunha ferramenta que puidese ser máis accesible, xurdiu o Smartsketch, que trouxo unha mellor forma de deseñar no ordenador e estableceu un grande éxito nun mercado que era dominado polo Adobe Illustrator e Macromedia FreeHand.
En 1995, a Futurewave recibiu retorno de varios usuarios para facer esta ferramenta nunha ferramenta de animación, pero o mercado de animación era moi pequeno. Ese mesmo tempo xurdía a Internet, un mercado moi prometedor para este tipo de ferramenta. Pensando niso, comezaron a mellorar o Smartsketch, de cara poñer animación e usar Java para renderizar un reprodutor de web. A partir de aí, o Smartsketch se fixo un programa totalmente dedicado a animación e cambiou de nome para "Cellanimator". Porén, temendo ser confundido soamente cun programa de creación de deseños animados, el cambiou o nome a Future Splash Animator.
En novembro de 1996, a Macromedia uniuse coa FutureWave e, en decembro do mesmo ano, a Macromedia adquiriu a compañía, e o Future Splash Animator se fixo en Flash 1.0. O Flash ten varios tipos de animación, sendo elas: Interpolación de Movemento e de Forma e cadro a cadro.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adobe Flash |