Adonis , a enciclopedia libre

Adonis é un deus grego que simboliza a morte e a renovación da natureza, sendo unha das figuras máis complexas dos tempos clásicos. A figura de Adonis está baseada case totalmente no deus semita Tammuz, relacionado co termo hebreo Adonaï (o meu señor).

Adonis

Tipodivindade grega Editar o valor en Wikidata
Venerado porrelixión da Grecia Antiga Editar o valor en Wikidata
Patrón debeleza e desexo Editar o valor en Wikidata
Obra
Biografía
Circunstancias mortemorte non natural Editar o valor en Wikidata
Asasinado porxabaril Editar o valor en Wikidata
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiEsmirna (pt) Traducir e Alphesiboea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiCíniras (pt) Traducir, Theias (en) Traducir e Fénix (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParellaAfrodita e Perséfone Editar o valor en Wikidata
Irmá/nEsmirna (pt) Traducir, Braesia (en) Traducir, Laogore (en) Traducir e Orsedice (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fillo/aBéroe (pt) Traducir e Golgos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ] C:Commons ]

Afrodita por medio dun meigallo fixo que Mirra tivese relacións incestuosas con seu pai, Tías, rei de Asiria. Cando o rei o descubriu tratou de matar a filla cun coitelo, e os deuses para o evitar converteron a Mirra nunha árbore de mirra. Desta árbore xermolou Adonis, confirmando a súa natureza como deus da vexetación.

Segundo a versión de Apolodoro, Adonis era fillo de Ciniras, rei de Chipre e Metharne, e segundo Hesíodo era o fillo de Fénix.

Unha vez nado Adonis, Afrodita meteuno nun cofre e levouno baixo a súa á, confiando a súa crianza a Perséfone. Cando Afrodita o reclamou, Perséfone negouse a devolvelo, prendada da súa beleza. Zeus decidiu que Adonis debería pasar catro meses con Afrodita, catro con Perséfone e catro meses con quen elixise; Adonis sempre elixiu a Afrodita por ser Perséfona a deusa máis fría do baixomundo.

Durante unha xornada de caza con Afrodita, un xabaril (enviado por Ares) atacouno, e do seu sangue naceron unhas flores chamadas anemones; cando Afrodita foi socorrelo feriuse cunhas silvas e as pingas do seu sangue transformáronse nunhas flores semellantes á rosa, denominadas adonis.

Lingua

editar

Na fala coloquial, cando alguén (normalmente un home e non unha muller) destaca pola súa beleza, compárase con este deus: Está feito un Adonis.