Ahmet Davutoğlu , a enciclopedia libre
Ahmet Davutoğlu, nado en Konya o 26 de febreiro de 1959, é un académico, político e diplomático turco que é primeiro ministro de Turquía desde o 28 de agosto de 2014 e líder do Partido da Xustiza e o Desenvolvemento (AKP) desde o 27 de agosto de 2014. Anteriormente fora ministro de relacións internacionais entre 2009 e 2014.
![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1959 ![]() Taşkent, Turquía ![]() |
![]() | |
24 de novembro de 2015 – 24 de maio de 2016 ← Ahmet Davutoğlu – Binali Yıldırım → | |
![]() | |
17 de novembro de 2015 – Lexislatura: 26th Parliament of Turkey (en) ![]() Circunscrición electoral: Konya (en) ![]() | |
![]() | |
28 de agosto de 2015 – 24 de novembro de 2015 ← Ahmet Davutoğlu – Ahmet Davutoğlu → | |
![]() | |
29 de agosto de 2014 – 28 de agosto de 2015 ← Recep Tayyip Erdoğan – Ahmet Davutoğlu → | |
![]() ![]() | |
6 de xullo de 2011, 2 de maio de 2009 – 29 de agosto de 2014, 28 de agosto de 2014 ← Ahmet Davutoğlu – Mevlüt Çavuşoğlu → Membro do gabinete: Cabinet Erdogan III (en) ![]() | |
![]() ![]() | |
2 de maio de 2009 – 6 de xullo de 2011 ← Ali Babacan – Ahmet Davutoğlu → | |
Ambassador of Turkey (en) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Sunnismo ![]() |
Educación | Universidade Boğaziçi (pt) ![]() Istanbul High School (en) ![]() ![]() |
Cor dos ollos | Castaño ![]() |
Cor do pelo | Cabelo negro ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Relacións internacionais e política exterior ![]() |
Ocupación | Diplomático, político, científico político, pedagogo, escritor e profesor. |
Empregador | Istanbul Beykent University (en) ![]() ![]() |
Partido político | Future Party (Turkey) (en) ![]() Partido da Justiça e Desenvolvimento (pt) ![]() ![]() |
Participou en | |
20 de xaneiro de 2016 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016 |
21 de xaneiro de 2015 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015 |
22 de xaneiro de 2014 | Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 |
23 de xaneiro de 2013 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013 ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Sare Davutoğlu ![]() |
Descrito pola fonte | Lentapedia Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarGraduouse no İstanbul Erkek Lisesi, recoñecido por Alemaña como Deutsche Auslandsschule (escola Internacional alemá) e estudou logo na Facultade de Economía e Ciencia Política da Universidade Boğaziçi en Istambul. Realizou un grao de mestrado en administración pública e un doutoramento en ciencia política e relacións internacionais. Entre 1993 e 1999, Davutoğlu traballou na Universidade de Marmara, converténdose en profesor titular en 1999. Foi presidente do Departamento de Relacións Internacionais na Universidade de Beykent en Istambul. Entre 1995 e 1999, escribiu columnas semanais para xornal Yeni Şafak.
Por decisión conxunta do presidente Ahmet Necdet Sezer e do primeiro ministro Abdullah Gül recibiu o título de embaixador en 2003.[1]
Escribiu en inglés Alternative Paradigms: The Impact of Islamic and Western Weltanschauungs on Political Theory, The Civilizational Transformation and The Muslim World e en turco Stratejik Derinlik e Küresel Bunalım.
Asesor do primeiro ministro
editarDavutoğlu foi asesor xefe de política internacional de Recep Tayyip Erdoğun ao se converter este en primeiro ministro, desenvolvendo a nova política internacional do seu partido, para lograr un papel máis destacado do seu país no Oriente Medio. A súa posición como asesor coincidiu coa invasión norteamericana de Iraq de 2003. Mostrouse contrario en 2007 á entrada de tropas norteamericanas no norte de Iraq polo reforzamento que podería supor para os movementos separatistas kurdos presentes na zona.[2]
Posicións en política internacional
editarNos seus artigos para Yeni Şafak e no libro Stratejik Derinlik desenvolveu o que se coñece como doutrina Davutoğlu na que aposta por reconstruír e manter relacións estreitas cos antigos territorios do Imperio Otomán por medio dunha política coñecida como neootomanismo.[3]. Outro punto forte da súa visión exterior é o panislamismo, no cal ve o islam como un factor unificador do Oriente Medio.[4] En contraste con estas dúas visións, Davutoğlu tamén defendeu un política prooccidental, de apoio á OTAN e de defensa da integración de Turquía na Unión Europea.[5]
Notas
editar- ↑ "T.C Resmî Gazete, 18 de xaneiro de 2008". Arquivado dende o orixinal o 10/07/2010. Consultado o 07/10/2015.
- ↑ "Davutoğlu, Kuzey Irak'a dokundurtmuyor", Haber 7
- ↑ Daloğlu, Tulin. "Davutoğlu Invokes Ottomanism as new Mideast Order". Al Monitor. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2014.
- ↑ " Davutoglu, Neo-Osmanlici degil Pan-Islamist". Taraf. 23 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2014. Consultado o 07 de outubro de 2015.
- ↑ "Rusya'yı izole etme lüksümüz yok". SoL. Consultado o 10 de setembro de 2014.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ahmet Davutoğlu |