Airbus Defence and Space , a enciclopedia libre
Airbus Defence and Space (en galego, Airbus Defensa e Espazo) é unha división operativa de Airbus Group. A división foi creada en xaneiro de 2014, ao mesmo tempo que EADS cambiaba o seu nome por Airbus Group. Está conformada polas antigas divisións Astrium e Cassidian de EADS, máis a antiga división de Airbus SAS chamada Airbus Military.[1]
Airbus Defence and Space | |
---|---|
![]() | |
Tipo | división ![]() |
Composto por | |
Persoas e organizacións | |
Entidades subsidiarias
| |
Actividade | |
Industria | telecomunicacións, electrónica, industria de defensa e industria aeroespacial ![]() |
Produtos | |
Cronoloxía | |
Precedido por | Airbus Military (pt) ![]() ![]() |
Localización | |
País | España, Alemaña, Reino Unido e Francia ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Páxina WEB | airbus.com… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Historia
editarO 31 de xullo de 2013, EADS anunciou unha reorganización estratéxica do grupo, pola cal a matriz pasaría a chamarse Airbus Group. Ademais, anunciou que Astrium, Cassidian e Airbus Military se fusionarían para crear Airbus Defence & Space.[2]
Organización
editarAirbus Defence and Space está estruturada en 4 liñas de negocio principais:
- Sistemas aéreos militares.
- Sistemas espaciais.
- Electrónica.
- Comunicacións, intelixencia e seguridade.
Produtos
editarSistemas aéreos militares
editar- Airbus A330 MRTT
- Airbus A400M
- CASA C-212 Aviocar
- CASA CN-235
- EADS CASA C-295
- Eurofighter Typhoon
- ATLANTE
- Caza de Nova Xeración (en inglés New Generation Fighter, NGF), como parte do programa Futuro Sistema Aéreo de Combate (en desenvolvemento)
- Futuro Adestrador de Reacción de Airbus (en inglés, Airbus Future Jet Trainer, AFJT) (proposto)
Sistemas espaciais
editar- Vehículo de transferencia automatizado
- Orión
- Laboratorio Columbus
- Ariane
- Eurostar (bus satélite)
- Robot ExoMars
- Motores foguete: HM-7, Aestus, Vinci, Vulcain 2
- Hidrazina de alta pureza (HYPU)
Ariane 5
editarVehículo lanzador apto para transportar cargas pesadas ata o seu destino final en misións tanto comerciais como institucionais.[3]
Sistemas orbitais
editarUtilización e operación do laboratorio europeo da estación espacial internacional, desenvolvemento e produción de experimentos en cargas e sistemas de soporte vital, adestramento de astronautas, deseño e construción dos vehículos de transferencia automática.
Satélites de observación terrestre, navegación e ciencia
editarOfrece unha ampla gama de sistemas de satélites altamente versátiles, instrumentos ópticos e de microondas, e solucións para o segmento terrestre.
- Astrosat 100
- Astrosat 300[4][5]
- Astrosat 500
- Astrosat 1000 ((en inglés))
Satélites de telecomunicación
editarSolucións a medida para unha ampla gama de misións, desde os servizos fixos e de transmisión das aplicacións móbiles e de banda ancha. A capacidade total do sistema de comunicacións por satélite: desde o deseño, a fabricación, proba, posta en marcha e funcionamento da provisión de infraestrutura completa do sistema de comunicacións.
Defensa
editarOfrece unha gama completa de sistemas e servizos de seguridade e defensa baseados no espazo de recoñecemento e vixilancia, comunicacións seguras, alerta temperá e defensa contra mísiles balísticos.
Propulsión
editarMotores de foguetes, sistemas completos de propulsión espacial, subsistemas e compoñentes.
Referencias
editar- ↑ "EADS changes name to Airbus".
- ↑ "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de julio de 2013. Consultado o 3 de enero de 2014.
- ↑ "Airbus - Pioneering sustainable aerospace". 11 junio 2021.
- ↑ "Airbus Defence and Space construirá el primer sistema satelital de Peru". 25 abril 2014.
- ↑ InfoDefensa, Revista Defensa. "EADS Astrium ofrece un satélite de observación submétrico al Perú".
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Airbus Defence and Space |