Algol , a enciclopedia libre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Algol (acrónimo inglés de Algorithmic Language, "linguaxe algorítmica") é unha linguaxe de programación. Foi moi popular nas universidades durante os anos 1960, pero non chegou a ter éxito coma linguaxe de uso comercial.
Porén, Algol influíu profundamente en varias linguaxes posteriores que si acadaron gran difusión, coma Pascal, C e Ada.
Deica 1965 dúas correntes distinguíronse sobre o tema dunha sucesora para a Algol. Como resultado, definíronse as linguaxes Algol W que é unha linguaxe minimalista, rapidamente implementada e distribuída e, por outra parte, Algol 68 que para a época está na fronteira entre unha linguaxe para programar nela e unha linguaxe para investigar sobre ela.
Exemplo de programa en Algol
editar- procedure Absmax(a) Dimensions:(n, m) Resultado:(y) Subíndices:(i, k);
- value n, m; array a; integer n, m, i, k; real y;
- comment Da matriz a tómase o elemento co valor absoluto maior e colocase en y.
- Os subíndices do elemento colócanse en i e k;
- begin integer p, q;
- y := 0; i := k := 1;
- for p := 1 step 1 until n do
- for q := 1 step 1 until m do
- if abs(a[p, q]) > y then
- begin y := abs(a[p, q]);
- i := p; k := q
- end
- begin y := abs(a[p, q]);
- if abs(a[p, q]) > y then
- end Absmax
Algol W
editarLinguaxe elaborada deseñada por Niklaus Wirth e Tony Hoare a partir dos traballos do grupo ALGOL da IFIP. Trátase dunha linguaxe concisa, simple de implementar, que evita tódolos defectos coñecidos da linguaxe Algol e inclúe as súas propias características adicionais. Con todo, o grupo Algol non a adoptou como sucesora do Algol preferindo no seu lugar á que terminou sendo Algol 68. Algol W foi empregada por gran cantidade de usuarios e sementou o camiño para o nacemento da linguaxe Pascal.
Entre as características desta linguaxe destácanse: Aritmética de dobre precisión, números complexos, cadeas de caracteres e estruturas de datos dinámicas, avaliación por valor, paso de parámetros por valor, valor resultado ou resultado.
Algol 68
editarA definición desta linguaxe foi presentada na reunión do comité ALGOL da IFIP en 1965. Tras varios anos de revisión do deseño chegouse a unha versión definitiva en 1968. O principal autor é Adriaan Van Wijngarden.
Os obxectivos principais da ALGOL 68 son a comunicación de algoritmos, a eficiente execución dos mesmos en diferentes arquitecturas e o servizo como ferramenta para a ensinanza.
Unha característica interesante da ALGOL 68 é que a súa semántica foi definida formalmente antes de ser implementada en base ao formalismo chamado gramáticas de dous niveis.