Amazon Prime Video , a enciclopedia libre
Amazon Prime Video, ou sinxelamente Prime Video, é un servizo estadounidense de streaming e alugamento de vídeo de subscrición baixo demanda ofrecido por Amazon como servizo autónomo ou como parte da subscrición a Prime de Amazon. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión producidas por Amazon Studios e MGM Holdings ou con licenza de Amazon, como Amazon Originals. Este servizo tamén conta con contido doutros provedores, complementos de contido, eventos deportivos en directo e servizos de compra e alugamento de vídeos.
Amazon Prime Video | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | servizo de retransmisión de vídeo e televisión en liña ![]() |
Produción | |
Formato de distribución | descarga dixital ![]() |
Características | |
Plataforma | Android ![]() |
Dispositivo de entrada | pantalla táctil ![]() |
Datas | |
Creación | 7 de setembro de 2006 ![]() |
Persoas e organizacións | |
Propietario/a | Amazon.com ![]() |
Fundador/a | Amazon.com ![]() |
Distribuidor/a | Nintendo eShop, Microsoft Store, Samsung Galaxy Store, Google Play e App Store ![]() |
Desenvolvedor | Amazon.com ![]() |
Composto por | |
Composto por | |
Contacto | |
Páxina WEB | primevideo.com ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Operando en todo o mundo, o servizo pode requirir unha subscrición completa a Prime para acceder. En países como os Estados Unidos, o Reino Unido e Alemaña, pódese acceder ao servizo sen unha subscrición a Prime completa,[1] mentres que en Australia, o Canadá, Francia, a India, Turquía e Italia só se pode acceder a el a través dunha sitio web dedicado. Prime Video ofrece ademais un servizo complementario de contido en forma de canles, chamados Amazon Channels ou Prime Video Channels, que permiten aos usuarios subscribirse a servizos adicionais de subscrición de vídeo doutros provedores de contido dentro de Prime Video.[2]
Notas
editar- ↑ "Amazon Prime Video subscription". Amazon. Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ Kleinman, Alexis (23 de abril de 2014). "Amazon Prime Just Got Way Better With A Ton Of Old HBO Shows". The Huffington Post. Consultado o 23 de abril de 2014.