Amstrad CPC 664 , a enciclopedia libre
O Amstrad CPC 664 foi un ordenador persoal de 8-bit da liña de Amstrad CPC. Tivo unha vida comercial moi curta, sendo fabricado entre a primavera e o final de 1985 para ser substituído polo Amstrad CPC 6128.
Amstrad CPC 664 | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | modelo de ordenador e Amstrad CPC ![]() |
Subclase de | Amstrad CPC ![]() |
Produción | |
Fabricante | Amstrad (pt) ![]() ![]() |
Características | |
Sistema operativo | CP/M (pt) ![]() ![]() |
Procesador | Z-80 ![]() |
Cronoloxía | |
Composto por | |
Composto por
| |
Contacto | |
Manual | archive.org… ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O equipo estaba formado por un monitor, un teclado no que integraba unha unidade de disco de formato Hitachi (3 polgadas) e sistema operativo CP/M 2.2. Esa foi a principal novidade en relación ó modelo anterior o Amstrad CPC 464 que viña con casete, xa que mantiña os 64 K de RAM. Tamén se diferenciaba polo deseño cunha aparencia máis profesional cun teclado bicolor de tons lenes dividido en dous bloques: un co teclado alfanumérico de tipo QWERTY e outro numérico coas teclas de control do cursor. A unidade de disco situábase á dereita do teclado con minidiscos de 3 polgadas que unha vez formateados tiñan unha capacidade de 168 KB por cara. O Locomotive BASIC que empregaba é fundamentalmente o do CPC 464 ó que se lle engadiron novos comandos.