Anatoli Boukreev , a enciclopedia libre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Anatoli Boukreev, nado en Korkino o 16 de xaneiro de 1958 e finado no Annapurna o 25 de decembro de 1997, foi un montañeiro de orixe rusa e nacionalidade kazakh. Fixo cumio sen axuda de osíxeno suplementario en sete dos catorce cumios de máis de oito mil metros de altitude.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1958 ![]() Korkino, Rusia ![]() |
Morte | 25 de decembro de 1997 ![]() Annapurna, Nepal ![]() |
Causa da morte | Avalancha ![]() |
Educación | Universidade Estatal de Chelyabinsk ![]() |
Actividade | |
Ocupación | explorador, escritor, guía de montaña, montañista ![]() |
Deporte | alpinismo ![]() |
Cronoloxía | |
1991 | ascensión ao Everest ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarBoukreev formou parte como guía dunha das expedicións comerciais que no mes de maio de 1996 chegaron ó máis alto do monte Everest e que remataría en traxedia[1] por mor do cambio nas condicións meteorolóxicas, o elevado número de escaladores na montaña e diferentes problemas loxísticos. Estes feitos foron recollidos en varios libros como o que o propio escalador escribiría coa axuda de G. Weston De Walt titulado The Climb[2], ou o do escritor norteamericano Jon Krackauer, Into The Thin Air[3]. Ademais dos libros existen varios documentais e reportaxes sobre estes feitos e inclusive unha película Everest[4] (2015) dirixida polo cineasta islandés Baltasar Kormákur e na que o actor Ingvar Eggert Sigurðsson da vida a Boukreev.
O 25 de decembro de 1997 Anatoli Boukreev viuse sorprendido por un alude mentres trataba de completar unha ascensión invernal o Annapurna acompañado polo seu compatriota Dimitri Sobolev e o italiano Simone Moro, que foi o único supervivente e non puido facer nada por auxiliar ós seus compañeiros. O seu corpo nunca foi recuperado.
Notas
editar- ↑ "La gran tragedia del Everest, 10 de mayo de 1996. Desnivel". desnivel.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-27.
- ↑ "Breathless". www.nytimes.com. Consultado o 2016-08-27.
- ↑ "Jon Krakauer - Into Thin Air - Trade Paperback". www.jonkrakauer.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-27.
- ↑ "Everest (2015)". Consultado o 2016-08-27.