Apocalypse Now , a enciclopedia libre
Apocalypse Now é un filme estadounidense dirixido por Francis Ford Coppola que se estreou en 1979. O guión de John Milius e Coppola vén da idea de Milius de adaptar a novela de Joseph Conrad Corazón da escuridade coa ambientación da Guerra de Vietnam. É un filme de guerra épico ambientado nos últimos anos da guerra, e está protagonizado por Marlon Brando, Robert Duvall e Martin Sheen. O filme céntrase na historia do Capitán de Operacións especiais Benjamin L. Willard (Sheen), que ten a misión de asasinar un americano renegado e tolo, o Coronel Walter E. Kurtz (Brando).
Sinopse
editarO Capitán Willard é un oficial dos servizos de intelixencia do exército estadounidense ó que lle encomendan a perigosa misión de eliminar a Kurtz, un coronel renegado que se volveu tolo no medio da Guerra de Vietnam. No corazón da selva, nun campamento inzado de cabezas cortadas e cadáveres putrefactos, a enorme e enigmática figura de Kurtz reina como un deus despótico sobre os membros da tribo Montagnard.
Personaxes
editar- Martin Sheen como Capitán Benjamin L. Willard
- Marlon Brando como Coronel Walter E. Kurtz
- Robert Duvall como Tenente Coronel William "Bill" Kilgore
- Frederic Forrest como Jay "Chef" Hicks
- Albert Hall como George Phillips
- Sam Bottoms como Lance B. Johnson
- Laurence Fishburne (nos créditos como "Larry Fishburne") como Tyrone "Mr. Clean" Miller
- Dennis Hopper como Foto xornalista americano
- G.D. Spradlin como Tenente Xenerañ Corman
- Jerry Ziesmer como o home misterioso
- Harrison Ford como Coronel Lucas
- Scott Glenn como Capitán Richard M. Colby
- Bill Graham como Axente das bailarinas
- Cynthia Wood como Bailarina do ano
- Linda (Beatty) Carpenter como Bailarina "Miss Agosto"
- Colleen Camp como Bailarina "Miss Maio"
- R. Lee Ermey como Piloto de helicóptero
- Christian Marquand como Hubert de Marais
- Aurore Clément como Roxanne Sarraut-de Marais
- Roman Coppola como Francis de Marais
- Francis Ford Coppola como o director rodando o combate na praia; el berra "Don't look at the camera, keep on fighting!" (Non mires á cámara, segue loitando).
Galardóns e nomeamentos
editar- 1979: 2 Oscars: Mellor fotografía e son. 8 nomeamentos.
- 1979: Festival de Cannes: Palma de Ouro.
- 1979: Premios David di Donatello: Mellor director estranxeiro.
- 1979: 3 Globos de Ouro: Director, Actor Secundario (Robert Duvall) e Banda Sonora. Nomeado a mellor filme.
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)