Beizo , a enciclopedia libre

Os beizos[1] son a porta de entrada do aparello dixestivo e a apertura anterior da boca. Presentan unha porción muscular central, de músculo esquelético, recuberta por fóra por pel e por dentro por unha mucosa.

Beizo
labia oris Editar o valor en Wikidata

Instancia declase de entidade anatómica Editar o valor en Wikidata
Subclase desubdivisión da boca e entidade anatómica particular Editar o valor en Wikidata
Irrigación arterialinferior labial artery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Drenaxe venosainferior labial vein (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deórgano da fala Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
MeSHD008046 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12220 Editar o valor en Wikidata
BNEXX535514 Editar o valor en Wikidata
WordLiftdata.wordlift.io… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A porción muscular central corresponde a músculo estriado voluntario, recuberto pola súa banda externa por pel, constituída por epiderme, derme e hipoderma, e pola súa banda interna por unha mucosa, constituída por un epitelio de revestimento, unha lámina propia e unha submucosa. O beizo é un repregamento musculocutáneo membranoso. Para diferenciar nun corte a pel da mucosa débense visualizar os folículos pilosos. Ademais, o epitelio da mucosa é máis alto.

Beizo superior

editar

Na zona central elévase un nódulo redondeado chamado tubérculo. Por enriba do nódulo atópase unha depresión chamada filtro. Desde as ás do nariz ás comisuras dos beizos atópanse uns sucos chamados sucos nasolabiais.