Berkeley Software Distribution , a enciclopedia libre

BSD son as siglas de Berkeley Software Distribution (Distribución de Software Berkeley). Utilízanse para identificar un tipo de sistema operativo derivado do UNIX nado a partir das contribucións realizadas a ese sistema pola Universidade de Berkeley en California.

Berkeley Software Distribution

Nome curtoBSD Editar o valor en Wikidata
TipoUNIX Editar o valor en Wikidata
EpónimoUniversidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Historiahistory of the Berkeley Software Distribution (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LicenzaLicenza BSD Editar o valor en Wikidata
Baseado enResearch Unix (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Linguaxe de programaciónC Editar o valor en Wikidata
Datas
Creación1977 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DesenvolvedorUniversidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
UNIX Editar o valor en Wikidata
386BSD (pt) Traducir, BSD/OS (pt) Traducir, DEMOS (pt) Traducir e NetBSD Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia

editar

Nos primeiros anos do sistema UNIX, os seus creadores, os Laboratorios Bell da compañía AT&T, autorizaron á Universidade de California en Berkeley e a outras universidades a utilizar o código fonte e adaptalo as súas necesidades. Durante a década dos setenta e dos oitenta Berkeley utilizou o sistema para as súas pescudas e investigacións en materia de sistemas operativos. Cando AT&T retirou o permiso de uso á universidade por motivos comerciais, a universidade promoveu a creación dunha versión inspirada no sistema UNIX mediante a reescritura das partes descendentes deste e utilizando as contribucións que eles realizaran —especialmente a súa implementación do TCP, o primeiro compoñente en ser distribuído por separado—, permitindo despois a súa distribución con fin académico e ao cabo dalgún tempo reducindo ao mínimo as restricións referentes á súa copia, distribución e modificación (a licenza BSD).

Algúns sistemas operativos descendentes do sistema desenvolvido por Berkeley son o SunOS, o FreeBSD, o NetBSD, o OpenBSD e o Mac OS X. BSD tamén fixo grandes contribucións no campo dos sistemas operativos en xeral como o manexo de memoria virtual paxinado por demanda, o control de traballos, o Fast FileSystem, o protocolo TCP/IP e o editor de texto vi.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Universidade de California, Berkeley