Biography , a enciclopedia libre

Biography é unha serie documental que comezou a emitirse en 1987.

Biography
Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticodocumental Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aCBS News Editar o valor en Wikidata
Presentador/aMike Wallace, David Janssen, Peter Graves, Jack Perkins (pt) Traducir, Harry Smith (pt) Traducir e Neil Ross (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalCBS Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo1 de abril de 1987 Editar o valor en Wikidata
Remate2012 Editar o valor en Wikidata
Premios
Contacto
Páxina WEBbiography.com Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0054520 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Desenvolvemento

editar

Biography baséase nunha serie homónima que se emitiu en sindicación de 1961 a 1963 producida por David L. Wolper e presentada por Mike Wallace, a A&E Network reemitiu máis tarde a serie e comezou a producir a súa propia serie documental sobre biografías en 1987 co mesmo nome, na serie mestúranse técnicas propias dos noticieiros con outras dos dramas da televisión e co estilo dos programas de non ficción da PBS pero dun xeito convencional e melodramático [1]. O primeiro episodio estivo dedicado a Buster Keaton, convivindo en episodios posteriores grandes personaxes históricas como Abraham Lincoln ou Calígula, de ficción como Superman ou Santa Claus, líderes políticos, sociais ou relixiosos da actualidade como Xoán Paulo II, empresarios como Arthur Blank, xente da industria do entretemento como Elvis Presley ou Gene Tierne ou personaxes populares como Britney Spears, o que provocou algunhas críticas[2]. En 1999 A&E dediciu crear unha canle especializada en biografías, The Biography Channel, en agosto de 2006 A&E deixou de emitir Biography, emitíndose os episodios novos exclusivamente en The Biography Channel.[3], aínda que segue a emitir capítulos vellos os domingos pola mañá.[4]. Os presentadores da serie foron Peter Graves, Jack Perkins e Harry Smith, e desde 2003 é a voz de Neil Ross a que presenta a serie.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar