Bufo das neves , a enciclopedia libre

O bufo das neves[2] (Bubo scandiacus) é unha especie da familia das estríxidas. Nos Estados Unidos é tamén coñecida coma bufo do ártico ou gran bufo branco.

Bufo das neves
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Strigiformes
Familia: Strigidae
Xénero: Bubo
Especie: B. scandiacus
Nome binomial
'Bubo scandiacus'
(Linnaeus, 1758)

Sinonimia

Strix scandiaca Linnaeus, 1758
Nyctea scandiaca Stephens, 1826

Bubo scandiacus

Morfoloxía

editar

Bufo de gran tamaño, cabeza redonda e orellas case invisíbeis. A plumaxe é branca con pintas negras na cabeza, dorso e cola. En ocasións hai individuos totalmente brancos. O peteiro negro e o iris amarelo contrastan fortemente coa plumaxe. Actividade crepuscular e tamén diúrna. Adoita medir entre 53 a 65 cm de longo e uns 120 a 150 cm de envergadura. A femia posúe unhas raias de cor marrón.

Reprodución

editar

Pon entre 4 e 10 ovos en maio, nun niño colocado nalgún lugar seco e con boa visibilidade. É unha especie monógama. Os xuvenís son de cor acastañada e con bandas de cor branca.

Nutrición

editar

A súa base alimentaria son os lemmings, mais tamén captura lebres e aves. En épocas de escaseza, aliméntase das reservas que vai acumulando ó longo de todo o ano. Isto permítelle sobrevivir en ambientes moi inhóspitos.

Distribución

editar

Presente no norte e interior de Escandinavia. Tamén en Islandia e as costas árticas de América e Siberia. Adoitan facer migración cara a zonas máis meridionais coa chegada do outono. Excepcionalmente poden chegar ata Holanda ou Alemaña central.

editar

Hedwig, a curuxa de Harry Potter, é un bufo das neves. Aínda que os libros a identifican coma femia, para gravar os filmes empregaron machos, por seren dunha cor branca máis brillante.

  1. BirdLife International (2012). "Bubo scandiaca". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Nicolai, Jürgen (1995). Everest, ed. Aves rapaces diurnas y nocturnas : identificar, clasificar y proteger las aves rapaces de Europa. Madrid. p. 157.  (en castelán)