Bulimia nerviosa , a enciclopedia libre
A bulimia é un trastorno alimentario consistente nun apetito esaxerado, cunha ansia compulsiva de comer grandes cantidades de comida, unida a unha sensación de que este tipo de alimentación é anormal. Aparece sensación de culpa e medo a non poder deter esas ansias imparábeis de comer xunto con temor á obesidade; estes episodios danse moitas veces en quen está a sufrir anorexia nerviosa, que alternan períodos de privación de alimentos con períodos de bulimia. É unha enfermidade mental, xa que o temor a engordar e a falta de autocontrol sobre a alimentación, fai que os sentimentos e pensamentos determinen un estado anímico e mental que acaba en procesos depresivos.
Bulimia nerviosa | |
---|---|
A erosión dos dentes é unha das causas da enfermidade. | |
Instancia de | trastorno da alimentación, clase de doenza, síntoma e síntoma ![]() |
Subclase de | trastorno da alimentación e polifagia (pt) ![]() ![]() |
Síntomas | vómito ![]() |
Especialidade médica | psiquiatría ![]() |
Tratamentos posibles | Terapias cognitivo-comportamentais e psicomotricidade (pt) ![]() ![]() |
Fármacos usados de tratamento
| |
Semellante a | polifagia (pt) ![]() ![]() |
Caracterizado por | |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte | |
Identificadores | |
MeSH | D052018 ![]() |
Thesaurus do NCI | C34440 ![]() |
CIAP-2 | P86 ![]() |
DiseasesDB | 1770 |
ICD-10 | F50.2 |
ICD-9 | 307.51 |
MedlinePlus | 000341 |
eMedicine | med/255 |
![]() |
Unha influencia moi importante son os medios de comunicación, especialmente a televisión, que venden a idea que estar delgado vai asociado á felicidade, éxito laboral, éxito nas relacións sociais, beleza, mocidade e a unha mellor calidade de vida.
Os enfermos de bulimia poden chegar a comer até 3 ou 4 quilos nunha soa comida, sen mastigalos apenas. Moitas veces, o acto compulsivo de comer vai seguido da indución do vómito. O ataque de fame dura unha hora e pódense inxerir 3.500 calorías durante unha comida. O tipo de comida preferida nestes casos son os hidratos de carbono, como os xeados, as conservas, as pastas e as bebidas edulcoradas.
Quen padece bulimia mais non anorexia nerviosa presenta un peso normal ou un sobrepeso lixeiro.[1]É máis propenso a sufrila quen foi obeso na adolescencia. É característica a flutuación de peso con ganancias e perdas cíclicas. Nun terzo das mulleres pérdese a menstruación (amenorrea).
Os vómitos ocasionan alteracións no sangue: perda de potasio e alcalose metabólica debida ao uso de laxantes, que é habitual que se usen para contribuír a evitar o aumento de peso. Tamén se deteriora o esmalte dos dentes. Poden provocar pneumonías por aspiración do vómito ou alteracións gástricas, con dilatacións e mesmo rotura do esófago, así como alteracións no páncreas (pancreatite) e arritmias fatais e asistolia[2].
O mellor tratamento é a farmacoterapia e a psicoterapia, dentro dun programa de modificación da conduta.
Aparece unha tendencia ao suicidio que duplica á dos que padecen anorexia nerviosa.
Notas
editar- ↑ "¿Cuál es la diferencia entre anorexia y bulimia?". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2018.
- ↑ Norman P. Spack Medical Complications of Anorexia Nervosa and Bulimia en Steven Wiley Emmett (ed.) Theory and Treatment of Anorexia Nervosa and Bulimia: Biomedical, Sociocultural, and Psychological Perspectives. Psychology Press, 1985, páxina 5
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bulimia nerviosa |