CAT 4 , a enciclopedia libre
CAT 4, acrónimo de Capsule Ariane Technologique 4, foi un satélite artificial da ESA lanzado o 20 de decembro de 1981 mediante o cuarto foguete Ariane 1 desde o Centro Espacial de Kourou.[1][3][4]
CAT 4 | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Contratistas principais | ESA |
Data de lanzamento | 20 de decembro de 1981[1][2] |
Foguete portador | Ariane 1[3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[2][3] |
Obxectivo da misión | Tecnolóxico[2][3][4] |
NSSDC ID | 1981-122B |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 20.140,2 km[1] |
Inclinación | 10,6 graos[1] |
Apoapse | 27.279,0 km[1] |
Periapse | 259,4 km[1] |
Características
editarCAT 4 foi unha cápsula tecnolóxica posta en órbita durante o lanzamento do cuarto Ariane 1. Foi posto nunha órbita inicial de 199 km de perixeo, 36.051 km de apoxeo, unha inclinación orbital de 10,6 graos e un período de 636 minutos. A cápsula funcionaba con baterías e foi deseñada para durar 6 órbitas (unhas 65 horas). A súa función foi recompilar información sobre o foguete durante o lanzamento e posta en órbita e retransmitila a terra para obter datos cos que validar o foguete. Emitía a unha frecuencia de entre 136 e 138 MHz.[2][3][4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "CAT 4" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Letter dated 25 January 1982 from the Legal Counsellor and Chief of the Legal Affairs and Intellectual Property Department of the European Space Agency addressed to the Secretary-General" (PDF) (82-04676). 25 de febreiro de 1982: 2. Consultado o 10 de maio de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "CAT 1, 2, 3, 4" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2011). "CAT" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2012.