Confederación Xeral de Traballadores Galegos , a enciclopedia libre
A Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados.
Confederación Xeral de Traballadores Galegos | |
---|---|
Nome curto | CXTG ![]() |
Tipo | sindicato ![]() |
Ideoloxía política | nacionalismo galego e socialismo ![]() |
Persoas e organizacións | |
Secretario/a
| |
Data | |
Fundación | 1985 ![]() |
Disolución | 1994 ![]() |
Cronoloxía | |
Substitúe a | Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos ![]() |
Substituído por | Confederación Intersindical Galega ![]() |
Localización | |
País | España ![]() |
Área de operación | Galicia ![]() |
[ Wikidata ] |
Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993.
En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega (CIG).