Cancro colorrectal , a enciclopedia libre

O cancro colorrectal, tamén chamado cancro de colon, inclúe calquera tipo de neoplasias do colon, recto e apéndice.[1] Pénsase que moitos dos casos de cancro colorrectal nacen dun pólipo adenomatoso no colon.[2] Estes crecementos celulares en forma de fungo son usualmente benignos, pero de cando en vez vólvense cancerosos co tempo. Na maioría dos casos, o diagnóstico do cancro localizado é por colonoscopia. O tratamento é polo xeral cirúrxico, e en moitos casos é seguido por quimioterapia. Os sinais e síntomas poden incluír sangue nas feces, alteracións nos movementos intestinais, perda de peso e sensación permanente de cansazo.[3]

Cancro colorrectal
Diagrama do tracto gastrointestinal baixo.
Instancia declase de doenza Editar o valor en Wikidata
Subclase decolorectal neoplasm (en) Traducir, large intestine cancer (en) Traducir e doenza Editar o valor en Wikidata
Factor de riscofumar, obesidade, alcohol and cancer (en) Traducir e idade dunha persoa Editar o valor en Wikidata
Localización anatómicaColon Editar o valor en Wikidata
Especialidade médicaoncoloxía Editar o valor en Wikidata
Exames médicoscolonoscopia (pt) Traducir, virtual colonoscopy (en) Traducir, sigmoidoscopia (pt) Traducir, lower gastrointestinal series (en) Traducir, tomografía computadorizada, imaxe por resonancia magnética, Tomografía por emisión de positróns, RAS test (en) Traducir e análise de sangue Editar o valor en Wikidata
Non confundir con
OMIM114500
DiseasesDB2975
MedlinePlus000262
eMedicinemed/1994 ped/3037
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Wikidata ]

Epidemioloxía

editar

É a terceira forma máis común de cancro e a segunda causa máis importante de mortalidade asociada a cancro en América. O cancro colorrectal causa 694 000 mortes a nivel mundial cada ano.[4]

Factores de risco

editar

O risco de contraer cancro de colon nos Estados Unidos é de ó redor do 7%. Certos factores aumentan o risco de que unha persoa desenvolva esta enfermidade, entre eles:

  • Idade. O risco de contraer cancro colorrectal increméntase ó aumentar a idade. A maioría dos casos ocorren entre os 60 e 70 anos, mentres que antes dos 50 anos é pouco común, a menos que haxa unha historia familiar de aparición temperá de cancro colorrectal.
  • en particular pólipos adenomatosos. A eliminación de pólipos do colon durante a colonoscopia diminúe o risco subsecuente de cancro de colon.
  • Historia de cancro. Os individuos que previamente sexan diagnosticados e tratados por ter cancro teñen un maior risco que a poboación xeral de contraer cancro colorrectal no futuro. As mulleres que teñan cancro de ovario, útero ou do seo teñen un risco aumentado da aparición de cancro de colon.
  • Herdanza:
    • Historia na familia de cancro colorrectal, en especial dun familiar achegado menor de 55 anos ou múltiples familiares.
    • Polipose adenomatosa familiar, leva preto dun 100% de risco de contraer cancro colorrectal para a idade de 40 anos, se non foi tratado.
    • Síndrome de Lynch ou cancro colorrectal hereditario non asociado a polipose.
  • Colite ulcerosa crónica ou enfermidade de Crohn, aproximadamente 30% a partir dos 25 anos se o colon enteiro está afectado.
  • Fumar. É máis probable que unha persoa que fuma morra de cancro colorrectal que unha persoa non fumadora. A Sociedade Americana de Cancro fixo un estudo onde se atopou que era un 40% máis probable que as mulleres que fuman morresen de cancro colorrectal que unha muller que nunca fume. Os fumadores masculinos teñen un risco 30% maior de morrer desta enfermidade que os seus homólogos non fumadores.
  • Dieta. Os estudos demostran que unha dieta rica en carne e baixa en froitas, vexetais, aves de curral e peixes aumenta o risco de cancro colorrectal (o cal é discutible, pois outros estudos mostraron maior incidencia en vexetarianos).[5] En xuño de 2005, unha investigación polo Estudo Prospectivo Europeo Sobre Cancro e Nutrición suxeriu que as dietas altas en carnes vermellas, do mesmo xeito que aquelas baixas en fibra, están asociadas a un risco de cancro colorrectal. Aqueles que frecuentemente comen peixe mostraron un risco diminuído.[6] Porén, outros estudos poñen en dúbida a aseveración de que unha dieta rica en fibra diminúa o risco de cancro colorrectal, máis ben, as dietas baixas en fibra están asociadas a outros factores de risco que é o que causou a confusión de asociala con cancro,[7] de maneira que a relación entre a fibra dietética e o risco de cancro colorrectal permanece aínda en controversia.
  • Actividade física. Aqueles que son activos fisicamente teñen un menor risco de desenvolver cancro colorrectal.
  • Colanxite esclerosante primaria, ofrece un risco independente á colite ulcerativa.
  • Baixo contido corporal de selenio.
  1. "Colon Cancer Treatment (PDQ®)". NCI. 12 de maio de 2014. Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  2. "Defining Cancer". National Cancer Institute. Consultado o 10 de xuño de 2014. 
  3. "General Information About Colon Cancer". NCI. 12 de maio de 2014. Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  4. "Cancer". World Health Organization. febreiro de 2006. Consultado o 24 de maio de 2007. 
  5. Véxase http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/19279082
  6. Véxase reporte del BBC news (inglés)
  7. Park Y, Hunter DJ, Spiegelman D, Bergkvist L, Berrino F et al. Dietary fiber intake and risk of colorectal cancer: a pooled analysis of prospective cohort studies. JAMA 2005;294:2849-57. PMID 16352792.