Caravel (homónimos) , a enciclopedia libre

O termo Caravel pode referirse a:

  • Caravel, normalmente designa a flor da caraveleira (Dianthus caryophyllus), ou a masma planta. Eladio Rodríguez dicía que tamén lle chaman caravel da onza ou caravel rebentón, o que máis se cultiva en Galiza é con pétalos dun vermello vivo, que antigamente se usaron como flores cordiais, sudoríferas e diaforéticas;
  • Caravel, a flor da roseira (nalgunhas zonas de Galiza chámanlle caraveleira á roseira);[1]
  • Caravel, flor de calquera planta en xeral, especialmente da pataca. Eligio Rivas Quintas no seu Frampas, contribución al diccionario gallego (1978) dicía que lle chaman caravel á flor de calquera planta en xeral, e con gran frecuencia á da pataca: Xa ten o caravel as patacas; xa están encaravelando;
  • Caravel mariño ("Armeria maritima" (Miller) Willd.), herba de namorar;
  • Caravel prolífero ("Petrorhagia prolifera" (L.) P. W. Ball e Heywood), herba espontánea nas marxes do Ulla e nas ribeiras doutros ríos galegos;
  • Caravel dos campos ou herba caraveleira (Geum urbanum L.), herba espontánea que medra en leiras e montes.

Eladio Rodríguez describía no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (1959). A entrada caravel[1]:

En Galiza coñécense diversas clases de caraveis: como plantas ornamentais, de floración duradeira, cultívanse moitísimo nas hortas e xardíns e nas mesmas vivendas campesiñas, cuxas fiestras, balcóns e corredores enféitanse profusamente con eses vistosos vexetais de recendo aromático e de cores variadísimas. Entre eses caraveis cómpre citar o caravel da onza, que así chaman nalgunhas comarcas ao caravel reventón; o caravel mariño ("Armeria maritima" (Miller) Willd.) , que máis comunmente se denomina herba de namorar; o caravel prolífero ("Petrorhargia prolifera" (L.) P. W. Ball e Heywood), que é espontáneo nas marxes do Ulla e abunda tamén nas ribeiras doutros río; e o caravel reventón, o que máis se cultiva en moitas das nosas aldeas, e que tamén se chama caravel da onza, con pétalos dun vermello vivo, que antigamente se usaron como flores cordiais, sudoríferas e diaforéticas. Nos montes e leiras medra ademais unha planta espontánea de talos herbáceos, flores en pequenos feixes e talos floríferos, de 3 a 5 cms. de alto, coñecida vulgarmente por caravel dos campos ou "herba caraveleira" ("Geum urbanum" L.).

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza
  1. 1,0 1,1 "Caravel" no Dicionario de Dicionarios da lingua galega.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar