Carl Jakob Sundevall , a enciclopedia libre
Carl Jakob Sundevall, nado na parroquia de Högestad (Ystad, Escania), o 22 de outubro de 1801 e finado en Estocolmo o 2 de febreiro de 1875, foi un médico sueco dedicado á zooloxía.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1801 ![]() Concello de Ystad, Suecia ![]() |
Morte | 2 de febreiro de 1875 ![]() Estocolmo, Suecia ![]() |
Educación | Universidade de Lund ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Natureza e zooloxía ![]() |
Ocupación | ornitólogo, profesor universitario, aracnólogo, zoólogo, entomólogo ![]() |
Empregador | Universidade de Lund ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Sundevall ![]() |
Familia | |
Irmáns | Fredrik Emil Sundevall Henrik Ludvig Sundevall ![]() |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) ![]() |
Traxectoria
editarEstudou na Universidade de Lund, onde obtivo un mestrado en Filosofía (M.Phil.) en 1823. Tras viaxar ao leste de Asia, estudou Medicina acadando o grao de doutor en 1830.
Foi empregado do Museo Sueco de Historia Natural, en Estocolmo, desde 1833, e profesor e conservador da sección de vertebrados desde 1839 a 1871. Escribiu o libro Svenska Foglarna (1856-1887), no que describiu 238 especies de aves observadas en Suecia. Clasificou numerosos paxaros encontrados en África por Johan August Wahlberg.
En 1835 desenvolveu unha filoxenia para as aves baseada nos músculos da cintura pelviana e as patas, que contribuíu ao traballo posterior de Thomas Huxley. Despois seguiu examinando os profundos tendóns proximais das patas das aves. Esta información segue sendo utilizada polos taxónomos dedicados á ornitoloxía.
Sudevall foi tamén un destacado entomólogo e aracnólogo.
En 1862 escribiu unha monografía onde propoñía un alfabeto fonético universal, Om phonetiska bokstäver.
Outras obras
editar- Lärobok i zoologien, 1835.
- Handatlas till lärobok i zoologien, 1843.
- Methodisk öfversigt af idislande djuren, Linnés Pecora, 1844–1845.
- Conspectus avium picinarum, 1866.
- Methodi naturalis avium disponendarum tentamen, 1872.
Abreviatura
editarA abreviatura Sundevall emprégase para recoñecer a Carl Jakob Sundevall como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Carl Jakob Sundevall |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carl Jakob Sundevall |
Bibliografía
editar- Anónimo (1875): [Sundevall, C. J.] en Journ. Ornith 23: 214-215.
- Anónimo (1875): [Sundevall, C. J.] en J. Zool. 4: 61
- Areschoug, J. E. (1879): Minnesteckning öfver C. J. Sundevall. Estocolmo.
- Bonnet, P. (1945): Bibliographia Araneorum. Toulouse.