Caroline Records , a enciclopedia libre
Caroline Records é un selo discográfico que comezou como unha subsidia de Virgin Records durante principios e mediados dos anos 70. O selo orixinalmente especializouse en poñer a prezo accesible discos de artistas principalmente de rock progresivo e jazz, que consideraban que non tiñan un gran tirón no mainstream ou atractivo comercial, pero que a miúdo tiñan un grande interese pola súa creatividade.
Caroline Records | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | selo discográfico ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Propietario/a | Universal Music Group ![]() | ||
Fundador/a | Richard Branson ![]() | ||
Matriz | Universal Music Group e Virgin Music ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1973 ![]() | ||
Localización | |||
País | Estados Unidos de América ![]() | ||
Sede | Londres ![]() | ||
Ligazóns | |||
Páxina WEB | caroline.com ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A súa primeira edición foi Outside the Dream Syndicate de Toni Conrad e Faust en 1973. O seu logotipo orixinal foi unha variación do dos "xemelgos" de Virgin deseñado por Roger Dean.
Tanto a súa rama británica como a estadounidense son subsidiarias de Caroline Music, que inclúe a Caroline Distribution e á súa vez pertence a EMI. Caroline ten ou tivo un feixe de selos subsidiarios como Astralwerks, Gyroscope, Caroline Blue Plate, Rocks the World, Scamp e Passenger.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do selo (en inglés)