Carpo , a enciclopedia libre

En anatomía, o carpo é unha estrutura do membro superior humano, artellada cos ósos do antebrazo, é dicir, radio e cúbito. Está constituído por oito ósos, distribuídos en dúas fileiras, unha máis próxima ao antebrazo ou proximal, e outra máis preto dos dedos ou distal. A estrutura ósea móvese en conxunto, permitindo os diversos movementos do pulso.

Carpo
ossa carpi Editar o valor en Wikidata

Subclase deóso da man e óso curto Editar o valor en Wikidata
Parte deset of carpal bones (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
MeSHD002348 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12688 Editar o valor en Wikidata
Terminologia Anatomica 98A02.4.08.001
Wikidata ] C:Commons ]

Ósos do carpo

editar

Son oito ósos pequenos que se artellan entre si e co radio, cúbito e os ósos metacarpianos.

Os oito ósos artéllanse entre si, formando pequenas articulacións. En conxunto forman o pulso.