Forzas de Paz da ONU , a enciclopedia libre

As Forzas de Paz da ONU, popularmente coñecidas como cascos azuis pola cor dos seus cascos, son corpos militares encargados de crear e manter a paz en áreas de conflito, controlar e observar os procesos de paz e dar asistencia a ex combatentes na implementación de tratados con fins pacíficos. Actúan por mandato directo do Consello de Seguridade da ONU e nel forman parte membros das forzas armadas e policiais dos países integrantes das Nacións Unidas, integrándose así nunha forza multinacional.

Forzas de Paz da ONU


Instancia deorganización internacional Editar o valor en Wikidata
Subclase depeacekeeping force (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1956 Editar o valor en Wikidata
Premios
Localización
PaísBélxica Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBpeacekeeping.un.org… Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: UNPeacekeeping Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]
Casco azul noruegués

En 1956, estas forzas supervisaron o cesamento de hostilidades entre Exipto e Israel. Posteriormente teñen actuado noutros conflitos en Oriente medio, Líbano, Chipre, Mozambique, Somalia, Bosnia etcétera.

En 1988, cando o peruano Javier Pérez de Cuéllar era Secretario Xeral da ONU, os Cascos Azuis recibiron o Premio Nobel da Paz.

En 1993, os Cascos Azuis da ONU destacados na antiga Iugoslavia recibiron o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional.

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.