Castro das Grobas , a enciclopedia libre
O castro das Grobas é un castro situado na parroquia de Vilaselán, no concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Está incluído no Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural co número GA27051007.
Castro das Grobas | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | castro ![]() | |||
Datas | ||||
Escavación | Non escavado - Realizadas catas | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 2,5 ha ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Ribadeo | |||
Parroquia | Vilaselán ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Id. catálogo | GA27051007 | |||
[ Wikidata ] |
Morfoloxía
editarO castro, litoral, ten unha forma circular ben definida, cunhas dimensións máximas duns 230 m x 180 m, ocupando algo máis de dúas hectáreas e media, ó sur da insua de Vilaselán (Penedo da Ínsua). Suponse que a insua veciña ten algo que ver co castro, pois apareceron alí restos arqueolóxicos como cerámicas.
Distínguense tres foxos paralelos escavados na rocha e de anchura entre 8 e 10 m, separados por parapetos.[1] Asemade, hai indicios dun antecastro, protexido por outro foxo.
Non se aprecian destrucións nin alteracións. Na actualidade o castro forma parte dun terreo comunal creado a resultas da concentración parcelaria en Vilaselán, Ribadeo.
A datación abrangue dende a época castrexa do ferro a finais da conquista romana.
Datación
editarEstá adscrito á idade de ferro romana e atópase no lugar coñecido como O Morgullón.[2]
Galería de imaxes
editar- Detalle de cata escavada.
- Vista xeral dunha cata correspondendo a foxo e muro.
- Placa de Dominio Público Marítimo Terrestre na inmediación do castro.
Notas
editar- ↑ Rodríguez Díaz, José María (2009). Sobre os Castros de Ribadeo. AVV O Tesón. p. 7.
- ↑ "Patrimonio. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-04.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |