Centro Dramático Galego , a enciclopedia libre
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O Centro Dramático Galego (CDG) é a unidade da Axencia Galega das Industrias Culturais que ten por obxectivo producir e distribuír espectáculos teatrais en lingua galega, coa pretensión de normalizar a lingua no ámbito do teatro. Dende xaneiro de 2020 está dirixido por Fran Núñez.[1]
Centro Dramático Galego | |
---|---|
Tipo | compañía de teatro ![]() |
Parte de | Xunta de Galicia ![]() |
Data | |
Fundación | 1984 ![]() |
Localización | |
País | España ![]() |
[ Wikidata ] |

Adscrito á Xunta de Galicia, a súa actividade dá comezo en 1984, data desde a que se estrearon un total de 68 producións e coproducións, o que supón unha media de tres anuais.
Publicacións do CDG.
editarEntre os anos 1992 e 2005 o IGAEM publicou unha colección de libros chamada "Colección CDG (1992-2005)" conmemorativos de moitas das obras postas en escena polo CDG durante estes anos. En cada un destes libros podemos atopar un limiar escrito polo director, o reparto (equipo artístico, equipo técnico e elenco de actores e actrices), a montaxe, a escenografía, signos icónicos no vestiario e no atrezzo, contexto, bibliografía, o texto da representación e, para rematar, unha ducia de fotografías dos ensaios xerais.
Outras coleccións de libros do CDG, ademais da Colección CDG (1992-2005) son a Colección Escena Aberta, a colección Os Libros do CDG e as Publicacións Didácticas CDG. Estes libros son publicados a partir do 2008 pola Axencia Galega das Industrias Culturais, a cal xurdiu en 2008 a partir da transformación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.
- 35 (2005): Seis personaxes á procura de autor, de Luigi Pirandello. Dirección escénica de Xúlio Lago.
- 34 (2005): Ricardo III, de William Shakespeare. Dirección escénica de Manuel Guede.
- 33 (2004): As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares. Dirección escénica e versión de José Caldas.
- 32 (2004): O ano do cometa, de Álvaro Cunqueiro. Dirección escénica de Quico Cadaval.
- 31 (2003): A comedia do gurgullo, de Plauto. Dirección escénica de Celso Parada.
- 30 (2003): Daquel abrente e Laudamuco, señor de ningures, de Roberto Vidal Bolaño; O velorio, de Francisco Taxes. Dirección escénica de Antonio Simón.
- 29 (2002): O colaborador, de Friedrich Dürrenmatt. Dirección escénica e versión de Manuel Guede Oliva.
- 28 (2002): Os espectros, de Henrik Ibsen. Dirección escénica de Rui Madeira, versión ao galego de Manuel Guede Oliva.
- 27 (2001): Rosalía, de Ramón Otero Pedrayo. Dirección escénica de Roberto Vidal Bolaño.
- 26 (2001): Mar revolto, de Roberto Vidal Bolaño. Dirección escénica e versión portuguesa de José Martins.
- 25 (2001): A cacatúa verde, de Arthur Schnitzler. Dirección escénica de Eduardo Alonso. Versión de Manuel Guede Oliva e Eduardo Alonso.
Nº24. Calígula. Autor: Albert Camus. Adaptación, dramaturxia e dirección: Manuel Guede Oliva - 2000
Nº23. A burla do galo. Autor Roberto Vidal Bolaño. Dirección escénica: Xan Cejudo - 2000
Nº22. Os vellos non deben de namorarse. Autor: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Dirección: Manuel Areoso - 2000
Nº21. Si o vello Sinbad volvese ás illas.... Autor: Álvaro Cunqueiro. Dirección escénica: Fabio Mangolini – 1999
Nº20. Xelmírez ou a gloria de Compostela. Autor: Daniel Cortezón. Dirección e dramaturxia: Roberto Vidal Bolaño - 1999
Nº19. Eu estaba na casa e agardaba que viñese a chuvia. Autor: Jean-Luc Lagarce. Dirección escénica: José Martins - 1999. Dramaturxia: Alexandra Moreira da Silva. Tradución: Iolanda Ogando, Noemí Pazó, Dolores Vilavedra
Nº18. Lugar. Autor: Raúl Dans. Dirección: Antonio F. Simón - 1999.
Nº17. Valle-Inclán 98: Las galas del difunto (Dirección: Xosé Martins. Dramaturxia: Alexandra Moreira da Silva). La cabeza del Bautista (Dirección: Helena Pimenta). Ligazón (Dirección: Manuel Guede Oliva). El embrujado (Dirección: Eduardo Alonso) - 1998
Nº16. Memoria de Antígona. Autores: Quico Cadaval, Xavier Lama. Dirección e dramaturxia: Guillermo Heras - 1998
Nº15. O bufón de El Rei. Autor: Vicente Risco. Dirección e dramaturxia: Manuel Guede Oliva - 1997
Nº14. O peregrino errante que cansou ó demo. Autor: Xavier Lama. Dirección e dramaturxia: Andrés Pazos - 1997
Nº13. Lisístrata ou de cando as mulleres reviraron. Autor: Aristófanes. Dirección: Eduardo Alonso - 1997. Versión: Eduardo Alonso, Manuel Guede Oliva
Nº12. Como en Irlanda Nouturnio de medo e morte, de Antón Villar Ponte Xinetes para o mar, de John Millington Synge Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval - 1996
Nº11. Hostia Autor: Armando Cotarelo Valledor O canto de Vilavella, de Manuel Lourenzo Dirección e dramaturxia: Manuel Lourenzo – 1996
Nº10. Nau de Amores Autor: Gil Vicente Dirección, dramaturxia e versión: Cándido Pazó - 1995
Nº9. Viaxe e fin de don Frontán Autor: Rafael Dieste Dirección escénica: Antonio Simón - 1995 Tradución: Manuel Guede Oliva
Nº8. Nin me abandonarás nunca Autores: José Gómez Posada-Curros, Luís de Gálvez Dirección escénica: Manuel Guede Oliva - 1995 Versión: Xosé Luís Méndez Ferrín
Nº7. O Mariscal Autores: Ramón Cabanillas, Antón Vilar Ponte Dirección escénica: Marcelino de Santiago "Kukas" - 1994 Adaptación e dramaturxia: Isabel Rey Pousada, Marcelino de Santiago "Kukas", Xan Cejudo
Nº6. A fiestra valdeira Autor: Rafael Dieste Dirección e dramaturxia: Xulio Lago Alonso - 1994
Nº5. Leoncio e Helena Autor: Georg Büchner Dirección escénica: Ánxeles Cuña - 1993 Adaptación: Begoña Muñoz
Nº4. A lagarada Autor: Ramón Otero Pedrayo Dirección escénica: Pere Planella - 1993 Dramaturxia: Camilo Valdehorras
Nº3. Un refaixo para Celestina Autor: Eduardo Blanco Amor Dirección, adaptación e dramaturxia: Antonio Francisco Simón - 1993
Nº2. Historia do soldado Autores: Igor Stravinskii e Ramuz Dirección e versión: Manuel Guede Oliva - 1993 Dirección musical: Joám Trillo
Nº1. Un soño de verán Autor: William Shakespeare Dirección escénica: Eduardo Alonso - 1992 Versión: Eduardo Alonso, Manuel Guede Oliva
Notas
editarVéxase tamén
editarAntecedentes
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre teatro é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |