Chewbacca , a enciclopedia libre

Chewbacca é un personaxe ficticio na serie de filmes d'A guerra das galaxias (Star Wars).

Chewbacca

AlcumeChewie Editar o valor en Wikidata
TipoWookiee (pt) Traducir, personaxe de Star Wars, personaxe cinematográfico, personaxe literario, personaxe animado, personaxe de televisión e personaxe de videoxogo Editar o valor en Wikidata
Obra
Primeira apariciónA guerra das galaxias Editar o valor en Wikidata
Universo ficticiouniverso de Star Wars Editar o valor en Wikidata
FranquíaA guerra das galaxias Editar o valor en Wikidata
Creador/aGeorge Lucas Editar o valor en Wikidata
Interpretado porPeter Mayhew e Joonas Suotamo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Lugar de nacementoKashyyyk Editar o valor en Wikidata
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Cor do pelocabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosazul Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmecánico e copiloto Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAttichitcuk Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMallatobuck (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fillo/aLumpawaroo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParenteLowbacca Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O enorme e peludo Wookiee Chewbacca era orixinario do planeta Kashyyyk. Loitou nas Guerras dos clons xunto co mestre Jedi Yoda e nailo dirixente militar Tarfful. Durante esta batalla, moitos Soldados Wookiees morreron.

Anos despois cando Kashyyyk foi escravizado polo Imperio Galáctico, Chewbacca foi rescatado por un novo piloto imperial (Han Solo) devéndolle, deste xeito, a súa vida. Despois de coñecer a Luke Skywalker e maila Princesa Leia Organa, ambos os dous ingresaron na Alianza Rebelde despois dunha curta vida de traficantes. Así a nave de Han Solo, o Falcón Milenario converteuse nunha das naves insignias da Rebelión. Batalla tras batalla contribuíron na caída do Imperio Galáctico a Endor, onde desactivaron o Xerador de Escudo da Segunda Estrela da Morte.


Véxase tamén

editar