Coidado parental , a enciclopedia libre

O coidado parental é unha estratexia comportamental e evolutiva adoptada por algúns animais que fan un investimento parental para incrementar a eficacia biolóxica dos seus descendentes. Esta estratexia significa máis esforzo investido nun número relativamente baixo de descendentes para darlle a cada un deles unha maior posibilidade de sobrevivir para reproducirse; unha estratexia oposta é producir grandes cantidades de descendentes pequenos, xeralmente en forma de ovos que son abandonados para que sobrevivan por eles mesmos.[1]

Andoriña adulta alimentando as súas crías no niño.

O coidado parental atópase en moitos insectos, especialmente insectos sociais como as formigas, abellas ou avespas; nalgúns peixes; en moitas aves e especialmente nos mamíferos.

En bioloxía evolutiva

editar

En bioloxía evolutiva, o investimento parental é o gasto de tempo e esforzo que beneficia á descendencia á conta da habilidade dos proxenitores de investir noutros compoñentes da súa propia eficacia biolóxica. Forma parte dun tipo de estratexia reprodutiva na que se elixe e cría un pequeno número de crías con posibilidades relativamente altas de sobrevivir. Pode ir mesmo acompañado da produción dun reducido número de cigotos, mesmo só un.[2][3]

  1. http://sesbe.org/sites/sesbe.org/files/recursos-sesbe/evol_cuid_parent.pdf Arquivado 19 de agosto de 2019 en Wayback Machine. Carranza Almansa, Juan. La Evolución del Cuidado Parental.
  2. "Evolution of Parental Care". Oxford Bibliographies. 
  3. "Reproductive Allocation in Animals". Oxford Bibliographies.