Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca , a enciclopedia libre
O Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca (PSCA polas súas siglas en inglés), antes coñecido como Complexo de Lanzamento Kodiak, é un centro de lanzamento de foguetes espaciais dos Estados Unidos aberto en 1998.[1]
Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | cosmódromo ![]() | |||
Parte de | Western Range (en) ![]() ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Alaska Aerospace Corporation (en) ![]() ![]() | |||
Propietario/a | Alaska Aerospace Corporation (en) ![]() ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1998 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Exclave | Alasca ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Características
editarO complexo foi fundado en xaneiro de 1998, cando a Corporación para o Desenvolvemento Aeroespacial de Alasca comezou os traballos para un espazoporto comercial na Illa Kodiak, a 400 km de Anchorage e a 40 km ao suroeste da cidade de Kodiak. A illa proporciona un amplo rango de acimuts para lanzamentos a órbitas polares, con inclinacións orbitais de entre 59° e 110°.[1]
Foi o primeiro complexo de lanzamento estadounidense non relacionado cun sitio de lanzamento federal, contando cunha superficie de 11 hectáreas na súa zona activa divididas en catro sitios: o centro de control e xestión de lanzamento (LCC), as instalacións de procesamento de cargas útiles (PPF), a instalación de procesamento e integración (IPF) e transferencia de montaxes (SCAT) e finalmente a estrutura de servizo e rampla de lanzamento (LP1). O complexo promóvese como un centro de lanzamento idóneo para enviar cargas de ata 3500 kg a órbitas polares e órbitas Molniya. O primeiro lanzamento feito desde o complexo tivo lugar o 5 de novembro de 1998, consistindo nun foguete suborbital da Forza Aérea para probar tecnoloxías de intercepción. O primeiro lanzamento orbital tivo lugar o 30 de setembro de 2001 mediante un foguete Athena 1.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca |