Consello Xeral do Poder Xudicial , a enciclopedia libre
O Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) de España, consonte o artigo 122 da Constitución española, é o órgano de goberno dese poder do Estado, que exerce as súas competencias en todo o territorio español. A súa función principal é velar pola independencia de xuíces e maxistrados fronte ao resto dos poderes estatais.
Consello Xeral do Poder Xudicial | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Nome curto | CGPJ ![]() | ||
Tipo | axencia gobernamental e judicial council (en) ![]() ![]() | ||
Personalidades | |||
Cargo dirixente | presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial ![]() | ||
Presidente/a | Isabel Perelló 3 de setembro de 2024 Rafael Mozo Muelas 13 de outubro de 2022 - 3 de setembro de 2024 ![]() | ||
Actividade | |||
Campo de traballo | justice and judicial activities (en) ![]() ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1978 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Consejo General del Poder Judicial building, Madrid (en) ![]() ![]() | ||
Premios | |||
Composto por | |||
Composto por | |||
Contacto | |||
Páxina WEB | poderjudicial.es ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Composición
editarEstá presidido polo presidente do Tribunal Supremo de España e composto por vinte vocais, nomeados polo rei Filipe VI a proposta do Senado e do Congreso dos Deputados. Cada Cámara propón catro xuristas de recoñecida competencia e ademais selecciona seis xuíces ou maxistrados propostos en lista tripla polos membros da Carreira Xudicial, en eleccións internas.
Competencias
editarO Consello Xeral do Poder Xudicial é competente na selección e nomeamento dos xuíces, na proposta ao rei para o nomeamento dos presidentes e maxistrados de todos os tribunais de todo o territorio estatal e, en materia administrativa, posúe atribucións de inspección e disciplinarias.
Con subordinación ao Consello Xeral do Poder Judicial, as Salas de Goberno do Tribunal Supremo, da Audiencia Nacional e dos Tribunais Superiores de Xustiza exercen funcións gobernativas e administrativas, tales como a solicitude e repartición de recursos e medios materiais e o estabelecemento de normas de repartición de asuntos, de substitución e de control das respectivas oficinas.