Count von Count , a enciclopedia libre

Count von Count, coñecido en España El Conde Draco, é un dos personaxes do programa infantil Sesame Street (Barrio Sésamo en España).

Count von Count

Tipovampiro nunha obra de ficción, personaxe de televisión e personaxe monicreque Editar o valor en Wikidata
Obra
FranquíaSesame Street Editar o valor en Wikidata
Creador/aNorman Stiles (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inspirado enConde Drácula Editar o valor en Wikidata
Actor/a de dobraxeJordi Vila i Fernández Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Condición médicaaritmomania (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
RedesTwitter: CountVonCount Musicbrainz: 85881f10-6891-4660-a337-2c3370614d9c Songkick: 850116 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O conde é un vampiro atípico (gusta da luz) e o seu principal cometido é ensinar aos nenos nocións básicas de matemáticas (contar). Ten a obsesión compulsiva de contar (aritmomanía, existe a crenza de que os vampiros sofren este tipo de desorde mental), sen importar o tamaño, a cantidade ou o molesto que resulta aos outros personaxes.

Mora nun vello castelo cheo de arañeiras que comparte cun bando de morcegos aos que trata como mascotas.

Mentres conta adoita soltar unha gargallada, momento no que soan tronos e lostrega sobre a súa cabeza. As cancións de Count von Count versan sempre sobre contar cousas, e a música sempre se enlaza con ritmos cíngaros (fose cal for a canción).