Darth Vader , a enciclopedia libre

Darth Vader é un personaxe de ficción e o antagonista principal da triloxía orixinal d'A guerra das galaxias (Star Wars). Anteriormente, Vader foi Anakin Skywalker, un lendario Cabaleiro Jedi. A primeira triloxía segue a Anakin no seu xurdimento heroico e a súa tráxica caída ao lado escuro da Forza, converténdoo en Vader.

Darth Vader

Tipopersonaxe humano de ficción, personaxe de Star Wars, cíborg de ficción, personaxe cinematográfico, personaxe literario, personaxe de televisión, personaxe animado, personaxe de videoxogo e extraterrestre humanoide ficticio Editar o valor en Wikidata
Obra
Primeira apariciónStar Wars: From the Adventures of Luke Skywalker (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Universo ficticiouniverso de Star Wars Editar o valor en Wikidata
FranquíaA guerra das galaxias Editar o valor en Wikidata
Creador/aGeorge Lucas Editar o valor en Wikidata
Inspirado enMorte Editar o valor en Wikidata
Interpretado porJames Earl Jones, Hayden Christensen, Spencer Wilding e David Prowse Editar o valor en Wikidata
Actor/a de dobraxeJames Earl Jones, Jean-Louis Faure e Philippe Catoire Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Linguas faladaslinguas en Star Wars e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
SuperpoderForça (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Inimigo/aObi-Wan Kenobi, Aliança Rebelde (pt) Traducir, Ferus Olin (en) Traducir e Príncipe Xizor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Alumno/a deObi-Wan Kenobi e Emperador Palpatine Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónasasino en masa, Criminal de guerra, piloto de aeronave, Comandante en xefe, espadachín e cabaleiro Editar o valor en Wikidata
Docente deGalen Marek (pt) Traducir, Lumiya (pt) Traducir, Flint (Star Wars) (pt) Traducir e Ahsoka Tano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiShmi Skywalker (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxePadmé Amidala (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fillo/aLuke Skywalker e Leia Organa Editar o valor en Wikidata
ParenteKylo Ren (pt) Traducir e Han Solo Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesBNE: XX5445207
Wikidata ]

Interpretacións

editar

Interpretouno David Prowse na triloxía orixinal, aínda que o especialista Bob Anderson foi quen realizou as escenas de loita con sabre de luz en The Empire Strikes Back e Return of the Jedi. O actor Sebastian Shaw realizou orixinalmente a interpretación do Vader descuberto en Return of the Jedi. Non obstante, parte da metraxe cambiouse na edición en DVD en 2004 saíndo Hayden Christensen na aparición de Vader como pantasma. James Earl Jones deulle a voz en toda a serie.

Historia

editar

Para axudar o seu novo mestre, Darth Sidious, a expandir o Imperio Galáctico, Darth Vader axudou a exterminar a todos os Jedi restantes da galaxia, aínda que a tarefa non foi completamente realizada (sobreviviron Obi-wan Kenobi e o mestre Yoda).

Darth Vader foi a man dereita executora de Palpatine, usando as súas habilidades e a súa brutalidade para levar a cabo os seus fins. Estaba ao mando da temible Lexión 501, os que unha vez foron os mellores soldados da República agora eran os máis desapiadados soldados de asalto. Vader empregou esta lexión na maioría das súas misións, aínda que non foi o único, pois a miúdo destacamentos debían ir apoiar a outros comandantes. Vader foi quen, tras a morte do Comandante Appo, elixiu o Comandante Bow como novo líder da 501.

Nunha ocasión enfrontouse co revivido Darth Maul. Logrou vencelo ao empalarse a si mesmo e ao zabrak.

Tras moitos anos de atrocidades establecendo o férreo control da Nova Orde sobre a Galaxia, Vader converteuse nunha figura temida e respectada en toda a galaxia. Non dubidaba en executar de forma implacable os seus subordinados, por pequeno que fose o erro e indiferentemente da altura do cargo; ata tal punto chegaba a súa ira (posteriormente, este estilo de goberno sería chamado "o Estilo Vader"[Cómpre referencia], o cal empregaba a miúdo Thrawn como exemplo).