Dead Rising , a enciclopedia libre

Dead Rising (デッドライジング Deddo Raijingu?) é un videoxogo de acción e supervivencia en mundo aberto que foi lanzado no 2006.[1] Foi desenvolvido e distribuído por Capcom, e producido por Keiji Inafune. Foi lanzado o 8 de agosto de 2006 exclusivamente para a consola Xbox 360.[2][3]

Dead Rising

Tipovideoxogo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticosurvival horror e videoxogo de zombis Editar o valor en Wikidata
Modo de xogovideoxogo para un xogador Editar o valor en Wikidata
MotorMT Framework Editar o valor en Wikidata
Autoría
DesenvolvedorCapcom Editar o valor en Wikidata
Temática
Publicación
País orixeXapón Editar o valor en Wikidata
Produtor/aKeiji Inafune Editar o valor en Wikidata
EditorialCapcom Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aSteam, Humble Store, Microsoft Store, PlayStation Store e App Store Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónDVD-R DL e distribución dixital Editar o valor en Wikidata
Sistema operativoiOS Editar o valor en Wikidata
PlataformaXbox 360, PlayStation 4, Xbox One, Microsoft Windows, Wii, iOS e ordenador persoal Editar o valor en Wikidata
Parte da serieDead Rising Editar o valor en Wikidata
Clasificación
Clasificación PEGI
CERO
Fontes e ligazóns
Páxina WEBdeadrising.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0837114 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

A historia de Dead Rising céntrase na personaxe de Frank West, un fotoxornalista que queda atrapado no centro comercial da vila ficticia de Willamette, Colorado, infestado de zombis. Frank debe defenderse a si mesmo dos ataques dos zombis, recatar outros superviventes, facer fronte a psicópatas, e seguir vivo mentres trata de descubrir a verdade oculta do incidente. O xogador controla a Frank na súa exploración do centro comercial, empregando calquera obxecto como unha arma. O xogador pode completar as misións principais e misións opcionais para obter Puntos de Prestixio ("Prestige Points") e gañar habilidades especiais.

  1. "Dead Rising Banned in Germany?". 1up.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2012. Consultado o 14 de agosto de 2006. 
  2. "Capcom Release Dates". GAMbIT Mag. febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  3. "Game Profile: Dead Rising". xbox360.ign.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2012. Consultado o 17 de xuño de 2006. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar