Derbi entre Celta e Deportivo , a enciclopedia libre
O derbi entre o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña é o enfrontamento deportivo entre os dous principais clubs de fútbol galegos, o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña. Téñense enfrontado en máis de 200 ocasións, ao longo dun século dunha rivalidade que naceu no mesmo ano da fundación do Celta, 1923.[1] Os dous primeiros enfrontamentos producíronse na tempada 1924/25 do Campionato de Galicia, gañando o primeiro deles o Deportivo por 3-0, no antigo campo de Riazor, idéntico resultado ao obtido no partido de volta no campo de Coia, desta vez con vitoria céltica. Dende entón sucedéronse os encontros entre os dous equipos en diferentes categorías e campionatos, a maioría deles en Primeira e Segunda División, pero tamén en Segunda B, Copa do Rei e outras competicións, incluídos partidos amigables como os disputados no Trofeo Cidade de Vigo ou o Teresa Herrera.

Terminoloxía
editarTradicional e historicamente chamado o derbi galego[2][3][4][5][6][7] —nome que tamén se emprega para describir outros enfrontamentos entre clubs deportivos galegos—,[8][9][10][11] o apelativo o noso derbi foi publicitado nos medios desde o ano 2011.[12][13][14][15][16]
Historia
editarInicialmente a rivalidade do Deportivo da Coruña a partir da súa fundación en 1906 era principalmente co outro conxunto da cidade, o Real Club Coruña. Cando este desapareceu en 1919, comezou rivalidade co Racing de Ferrol e cos dous principais equipos de Vigo, o Fortuna e o Vigo Sporting. O primeiro enfrontamento entre coruñeses e vigueses do que se ten testemuño data de agosto de 1907, nun partido correspondente ao Campionato de Galicia e Asturias no que o Fortuna venceu ao Deportivo por 7 goles a 1, con xogadores como Grffin, Lende, Pancho Estévez e Hambly por parte do Fortuna, e Virgilio, Deus, Long e Fojón por parte do Deportivo.[17][18][19] A primeira filmación dun partido de fútbol en España fora un encontro entre o Deportivo e o Vigo Foot-ball Club, antecesor do Vigo Sporting en 1911.[20]
A actual rivalidade entre celestes e branquiazuis ten a súa orixe en 1923, ano da fundación do Celta de Vigo. En agosto dese ano produciuse a fusión dos dous equipos de fútbol máis importantes de Vigo da época, o Fortuna e o Sporting, nacendo desa unión o actual Celta. Esta fusión non lles gustou a tres xogadores de ambos os equipos vigueses, Ramón González, Chiarroni e o medallista olímpico Luis Otero, polo que decidiron abandonar a entidade para fichar polo Deportivo.[21] Este feito foi considerado unha ofensa para o club vigués e foi un dos detonantes da histórica rivalidade co equipo coruñés.[22] As posteriores protestas do Celta, que acusaron o Deportivo de ter subornado aos xogadores vigueses, levaron a Federación Galega a inhabilitar os tres futbolistas tránsfugas, acusándoos de profesionalismo, mentres que o Deportivo foi descualificado do Campionato de Galicia 1923/24.[21] Porén, o Deportivo recorreu ante a Real Federación Española de Fútbol, a cal se pronunciou en favor dos herculinos e anulou a sanción contra o club por entender que non existira suborno, instando á FGF a que readmitise o Deportivo no campionato, aínda que si mantivo a sanción sobre os tres xogadores por existir duplicidade de fichas.[23][24] A FGF enviou un escrito de protesta á RFEF, mais esta reafirmouse na súa decisión,[25] polo que a FGF convocou unha asemblea extraordinaria[26] na que acordou por maioría acepta-lo veredicto da RFEF.[27]
Pouco despois xurdiu outra polémica parecida con Isidro, porteiro do Celta que solicitou a baixa do club nas vésperas do Campionato de Galicia 1924/25 e mudou o seu domicilio á Coruña, aínda que non puido fichar por outro equipo durante esa tempada xa que o Celta non o autorizou. No inicio da seguinte tempada (1925/26) tentou fichar polo Deportivo da Coruña, mais o Celta declarouno en “rebeldía” e a Federación Galega de Fútbol denegou a fichaxe.[28][29] Porén, a Real Federación Española de Fútbol acordou en decembro de 1925 que a ficha de Isidro fose traspasada ao Deportivo.[30]
Os dous primeiros derbis foron disputados no Campionato de Galicia 1924/25. O primeiro xogouse o 9 de novembro de 1924 no antigo campo de Riazor[31] baixo unha intensa choiva. O deportivista Leonardo anotou de penalti o primeiro gol no minuto 55, mentres que Emilio Pereiro marcou o segundo e o terceiro gol, deixando o marcador nun 3-0, nun mal partido do porteiro celeste Rubido.[32][22] No partido de volta no campo de Coia, foi o Celta quen venceu por 3-0, con goles de Balbino de penalti, Gerardito e Chicha, producíndose ademais as expulsións de Polo no Celta e Otero no Deportivo.[33]
O Celta foi o dominador dos derbis durante os primeiros anos, principalmente no Campo de Coia, no que o club celeste xogou ata decembro de 1928 e onde o Deportivo nunca foi capaz de gañar. Nese campo e ese ano produciuse tamén a maior goleada nun derbi, na polémica vitoria por 13-0 do Celta. Foi o 2 de decembro, na penúltima xornada da tempada 1928/29 do Campionato de Galicia. O Deportivo chegara a Vigo pensando máis na decisiva seguinte xornada, onde xogarían o título fronte ao Racing de Ferrol no Inferniño, polo que tras ir perdendo 3-0 no descanso e con varios xogadores lesionados,[34] o club coruñés saíu ao campo na segunda parte con só sete xogadores (e sen o porteiro Isidro),[35] para xogar no treito final con só cinco, mentres o Celta incrementaba o marcador ata os 13 goles, cinco deles de Polo.[36] Tralo encontro, algúns xornais cualificaron de farsa a actitude do Deportivo,[37] mentres que outros xornais criticaron o xogo violento do Celta.[38][39][40][41]
Apenas 5 anos despois da fundación do Celta, creáronse os campionatos nacionais de liga que se disputan na actualidade e que comprenden a totalidade dos clubs de España. O Celta e o Deportivo quedaron encadrados na Segunda División.[42] O primeiro enfrontamento en Segunda foi ese mesmo ano, con vitoria deportivista por 4-2.[43] Durante eses anos disputáronse ademais numerosos amigables entre os dous equipos, chegando a xogarse ata catro nun só ano, como en 1929.[44]
Na campaña 1941/42, tempada do debut do Deportivo na máxima categoría, producíronse os dous primeiros encontros en Primeira División entre ambos os clubs, 2-1 a favor dos vigueses en Balaídos (con dous goles de Agustín por parte celeste e un gol de Chacho por parte branquiazul) e 4-0 a favor dos coruñeses en Riazor (dous goles de Guimeráns e dous de Chao).
O 8 de decembro de 1977 os dous equipos saíron ao campo de Riazor coa bandeira galega como símbolo a prol da autonomía.[45] A rivalidade continuou nas décadas posteriores, tanto en Primeira como en Segunda, sendo cada vez os encontros entre os dous equipos máis competidos e disputados. Durante eses anos eran habituais os recibimentos hostís e os disturbios nas entradas de Vigo e A Coruña, con lanzamentos de botellas ou pedras aos autobuses dos xogadores e outros incidentes extradeportivos.[46] A finais da década de 1990 e comezos do século XXI vivíronse algúns dos derbis máis lembrados entre ambas as entidades. Nas tempadas que abarcaron ese período (1997-2004) Celta e Deportivo contaban cos cadros de xogadores máis potentes das súas respectivas historias e atopábanse asentados nas posicións altas da táboa, sendo ademais habituais as súas presenzas nas competicións europeas.
O 15 de abril de 2003 disputouse un partido amigábel solidario no Estadio Santiago Bernabéu que enfrontou o Real Madrid contra un combinado unificado de xogadores do Celta e do Deportivo. A finalidade deste partido era recadar fondos para os damnificados do naufraxio do Prestige. Celebrouse baixo o lema Xuntos por Galicia e o equipo formado por olívicos e herculinos, que vestía de cor verde, formou cos seguintes xogadores: Molina, Manuel Pablo, Cáceres, César, Juanfran, Mauro Silva, Ángel, Mostovoi, Fran, Benni McCarthy e Diego Tristán. No partido tamén participaron Luque, Pinto, Coira, Donato, Berizzo, Romero, Giovanella, Scaloni, Víctor, Gustavo López e Catanha. O partido finalizou con vitoria branca por 3 goles a 0.[47]
Encontros oficiais
editarLiga
editarTempada | Categoría | Data | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1929 | Segunda División | 10-03-1929 | Deportivo | Celta | |||
26-05-1929 | Celta | Deportivo | |||||
1931–32 | Segunda División | 03-01-1932 | Celta | Deportivo | |||
06-03-1932 | Deportivo | Celta | – | ||||
1932–33 | Segunda División | 15-01-1933 | Deportivo | Celta | |||
19-03-1933 | Celta | Deportivo | |||||
1933–34 | Segunda División | 03-12-1933 | Celta | Deportivo | |||
04-02-1934 | Deportivo | Celta | |||||
1934–35 | Segunda División | 16-12-1934 | Celta | Deportivo | |||
03-02-1935 | Deportivo | Celta | |||||
1935–36 | Segunda División | 08-12-1935 | Deportivo | Celta | |||
26-01-1936 | Celta | Deportivo | – | ||||
1939–40 | Promoción | 15-05-1940 | Celta[nota 1] | Deportivo | – | ||
1941–42 | Primeira División | 19-10-1941 | Celta | Deportivo | |||
25-01-1942 | Deportivo | Celta | – | ||||
1942–43 | Primeira División | 15-11-1942 | Celta | Deportivo | – | ||
28-02-1943 | Deportivo | Celta | |||||
1943–44 | Primeira División | 12-12-1943 | Celta | Deportivo | – | – | |
26-03-1944 | Deportivo | Celta | |||||
1946–47 | Primeira División | 08-12-1946 | Deportivo | Celta | |||
06-04-1947 | Celta | Deportivo | |||||
1948–49 | Primeira División | 28-11-1948 | Celta | Deportivo | |||
10-04-1949 | Deportivo | Celta | |||||
1949–50 | Primeira División | 13-11-1949 | Deportivo | Celta | |||
12-03-1950 | Celta | Deportivo | |||||
1950–51 | Primeira División | 24-09-1950 | Deportivo | Celta | |||
14-01-1951 | Celta | Deportivo | |||||
1951–52 | Primeira División | 09-12-1951 | Deportivo | Celta | – | ||
06-04-1952 | Celta | Deportivo | |||||
1952–53 | Primeira División | 12-10-1952 | Celta | Deportivo | – | ||
15-02-1953 | Deportivo | Celta | |||||
Promoción | 07-06-1953 | Deportivo | Celta | ||||
12-07-1953 | Celta | Deportivo | |||||
1953–54 | Primeira División | 27-09-1953 | Celta | Deportivo | |||
24-01-1954 | Deportivo | Celta | – | – | |||
1954–55 | Primeira División | 10-10-1954 | Deportivo | Celta | |||
23-01-1955 | Celta | Deportivo | – | ||||
1955–56 | Primeira División | 13-11-1955 | Celta | Deportivo | |||
18-03-1956 | Deportivo | Celta | – | ||||
1956–57 | Primeira División | 11-11-1956 | Deportivo | Celta | – | ||
03-03-1957 | Celta | Deportivo | |||||
1959–60 | Segunda División | 25-10-1959 | Deportivo | Celta | |||
14-02-1960 | Celta | Deportivo | – | ||||
1960–61 | Segunda División | 09-10-1960 | Deportivo | Celta | – | ||
05-02-1961 | Celta | Deportivo | – | ||||
1961–62 | Segunda División | 24-09-1961 | Celta | Deportivo | |||
14-01-1962 | Deportivo | Celta | – | ||||
1963–64 | Segunda División | 22-12-1963 | Celta | Deportivo | – | ||
12-04-1964 | Deportivo | Celta | |||||
1965–66 | Segunda División | 21-11-1965 | Celta | Deportivo | – | – | |
27-02-1966 | Deportivo | Celta | – | – | |||
1967–68 | Segunda División | 29-10-1967 | Deportivo | Celta | – | ||
18-02-1968 | Celta | Deportivo | |||||
1969–70 | Primeira División | 07-12-1969 | Celta | Deportivo | |||
05-04-1970 | Deportivo | Celta | – | ||||
1971–72 | Primeira División | 14-11-1970 | Deportivo | Celta | – | ||
19-03-1972 | Celta | Deportivo | |||||
1972–73 | Primeira División | 03-12-1972 | Deportivo | Celta | – | ||
22-04-1973 | Celta | Deportivo | – | ||||
1975–76 | Segunda División | 23-11-1975 | Deportivo | Celta | – | ||
04-04-1976 | Celta | Deportivo | |||||
1977–78 | Segunda División | 08-12-1977 | Deportivo | Celta | |||
23-04-1978 | Celta | Deportivo | – | ||||
1979–80 | Segunda División | 02-12-1979 | Celta | Deportivo | – | ||
27-04-1980 | Deportivo | Celta | |||||
1980–81 | Segunda División B | 26-10-1980 | Celta | Deportivo | – | ||
08-03-1981 | Deportivo | Celta | |||||
1981–82 | Segunda División | 25-10-1981 | Deportivo | Celta | |||
28-02-1982 | Celta | Deportivo | – | ||||
1983–84 | Segunda División | 04-12-1983 | Celta | Deportivo | – | – | |
22-04-1984 | Deportivo | Celta | |||||
1984–85 | Segunda División | 11-11-1984 | Deportivo | Celta | |||
24-03-1985 | Celta | Deportivo | – | ||||
1986–87 | Segunda División | 23-11-1986 | Deportivo | Celta | – | ||
22-03-1987 | Celta | Deportivo | – | ||||
03-05-1987 | Celta | Deportivo | – | ||||
06-06-1987 | Deportivo | Celta | – | ||||
1990–91 | Segunda División | 09-12-1990 | Deportivo | Celta | – | ||
04-05-1991 | Celta | Deportivo | – | – | |||
1992–93 | Primeira División | 06-09-1992 | Deportivo | Celta | – | ||
31-01-1993 | Celta | Deportivo | – | – | |||
1993–94 | Primeira División | 05-09-1993 | Deportivo | Celta | – | – | |
23-01-1994 | Celta | Deportivo | – | – | |||
1994–95 | Primeira División | 21-12-1994 | Deportivo | Celta | |||
21-05-1995 | Celta | Deportivo | – | ||||
1995–96 | Primeira División | 11-11-1995 | Celta | Deportivo | – | – | |
27-03-1996 | Deportivo | Celta | |||||
1996–97 | Primeira División | 08-09-1996 | Celta | Deportivo | |||
09-02-1997 | Deportivo | Celta | |||||
1997–98 | Primeira División | 25-10-1997 | Deportivo | Celta | |||
01-03-1998 | Celta | Deportivo | |||||
1998–99 | Primeira División | 30-08-1998 | Celta | Deportivo | – | – | |
31-01-1999 | Deportivo | Celta | |||||
1999–00 | Primeira División | 18-12-1999 | Deportivo | Celta | – | ||
30-04-2000 | Celta | Deportivo | |||||
2000–01 | Primeira División | 26-11-2000 | Deportivo | Celta | – | ||
21-04-2001 | Celta | Deportivo | |||||
2001–02 | Primeira División | 30-09-2001 | Deportivo | Celta | |||
05-02-2002 | Celta | Deportivo | – | ||||
2002–03 | Primeira División | 04-01-2003 | Deportivo | Celta | – | ||
24-05-2003 | Celta | Deportivo | – | ||||
2003–04 | Primeira División | 03-01-2004 | Celta | Deportivo | – | ||
15-05-2004 | Deportivo | Celta | – | ||||
2005–06 | Primeira División | 17-12-2005 | Celta | Deportivo | – | ||
29-04-2006 | Deportivo | Celta | – | ||||
2006–07 | Primeira División | 19-11-2006 | Deportivo | Celta | – | ||
15-04-2007 | Celta | Deportivo | – | ||||
2011–12 | Segunda División | 13-11-2011 | Deportivo | Celta | |||
15-04-2012 | Celta | Deportivo | |||||
2012–13 | Primeira División | 27-10-2012 | Celta | Deportivo | |||
15-03-2013 | Deportivo | Celta | |||||
2014–15 | Primeira División | 23-09-2014 | Celta | Deportivo | |||
21-02-2015 | Deportivo | Celta | – | ||||
2015–16 | Primeira División | 21-11-2015 | Deportivo | Celta | – | ||
02-04-2016 | Celta | Deportivo | |||||
2016–17 | Primeira División | 23-10-2016 | Celta | Deportivo | |||
19-03-2017 | Deportivo | Celta | - | ||||
2017–18 | Primeira División | 23-12-2017 | Deportivo | Celta | |||
05-05-2018 | Celta | Deportivo |
Copa do Rei
editarTempada | Data | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|
1928 | 19-02-1928 | Celta | Deportivo | |||
18-03-1928 | Deportivo | Celta | ||||
1941 | 20-04-1941 | Deportivo | Celta | |||
27-04-1941 | Celta | Deportivo | – | |||
1970–71 | 20-05-1971 | Deportivo | Celta | – | – | |
26-05-1971 | Celta | Deportivo | – | |||
1980–81 | 17-09-1980 | Deportivo | Celta | |||
01-10-1980 | Celta | Deportivo | ||||
1998–99 | 20-01-1999 | Celta | Deportivo | – | ||
03-02-1999 | Deportivo | Celta |
Copa da Liga
editarTempada | Categoría | Data | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1984 | Copa da Liga de Segunda División | 02-06-1984 | Celta | Deportivo | |||
06-06-1984 | Deportivo | Celta | – | ||||
1985 | Copa da Liga de Segunda División | 25-05-1985 | Celta | Deportivo | |||
30-05-1985 | Deportivo | Celta |
Campionato Mancomunado Galaico-Ástur
editarTempada | Data | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|
1934–35 | 21-10-1934[nota 2] | Celta | Deportivo | – | ||
04-11-1934 | Celta | Deportivo | ||||
25-11-1934 | Deportivo | Celta | – | |||
1935–36 | 15-09-1935 | Celta | Deportivo | |||
20-10-1935 | Deportivo | Celta |
Campionato de Galicia
editarTempada | Data | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|
1924–25 | 09-11-1924 | Deportivo | Celta | – | ||
18-01-1925 | Celta | Deportivo | – | |||
1925–26 | 31-01-1926 | Deportivo | Celta | – | ||
07-02-1926 | Celta | Deportivo | ||||
1926–27 | 31-10-1926 | Celta | Deportivo | |||
05-12-1926 | Deportivo | Celta | ||||
09-01-1927 | Celta | Deportivo | ||||
06-02-1927 | Deportivo | Celta | ||||
1927–28 | 30-10-1927 | Celta | Deportivo | |||
04-12-1927 | Deportivo | Celta | ||||
1928–29 | 25-11-1928 | Deportivo | Celta | – | ||
02-12-1928 | Celta | Deportivo | – | |||
1929–30 | 10-11-1929 | Deportivo | Celta | |||
24-11-1929 | Celta | Deportivo | ||||
1930–31 | 12-10-1930 | Celta | Deportivo | |||
16-11-1930 | Deportivo | Celta | – | |||
1931–32 | 20-09-1931 | Deportivo | Celta | |||
25-10-1931 | Celta | Deportivo | ||||
1932–33 | 16-10-1932 | Celta | Deportivo | |||
20-11-1932 | Deportivo | Celta | – | |||
1933–34 | 10-09-1933 | Deportivo | Celta | – | ||
12-10-1933 | Celta | Deportivo | – | |||
1936–37 | 15-11-1936 | Celta | Deportivo | – | ||
03-01-1937 | Deportivo | Celta | ||||
1937–38 | 15-05-1938 | Celta | Deportivo | – | ||
05-06-1938 | Deportivo | Celta | ||||
26-06-1938 | Deportivo | Celta | – | |||
17-07-1938 | Celta | Deportivo | ||||
1939–40 | 15-10-1939 | Celta | Deportivo | |||
12-11-1939 | Deportivo | Celta | – |
Copa Galicia
editarTempada | Data | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|
1945–46 | 23-06-1946 | Celta | Deportivo | |||
29-06-1946 | Deportivo | Celta | ||||
08-09-1946 | Deportivo | Celta | – | |||
22-12-1946 | Celta | Deportivo |
Encontros amigables
editarData | Evento | Campo | Local | Resultado | Visitante | Goles (local) | Goles (visitante) |
---|---|---|---|---|---|---|---|
04-08-1926 | Copa Domecq[48] | Campo de Riazor | Deportivo | Celta | |||
15-08-1926 | Copa Domecq[49] | Campo de Coia | Celta | Deportivo | |||
14-08-1928 | Copa dos Alcaldes[50] | Campo de Riazor | Deportivo | Celta | |||
19-08-1928 | Copa dos Alcaldes[51] | Campo de Riazor | Deportivo | Celta | – | ||
25-07-1929 | Festas do Apóstolo[52] | Campo da Choupana (Santiago de Compostela) | Deportivo | Celta | – | ||
05-08-1929 | Festas de Vigo[53] | Estadio de Balaídos | Celta | Deportivo | |||
17-08-1929 | Festas de María Pita[54] | Campo de Riazor | Deportivo | Celta |