Dermatofitose , a enciclopedia libre
As dermatofitoses ou tiña[1] son infeccións fúnxicas da pel.[2] As descricións da doenza remóntanse á Idade Antiga.[3]
Dermatofitose | |
---|---|
Instancia de | doenza infecciosa e clase de doenza ![]() |
Subclase de | dermatomycosis (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Causado por | Dermatófito (pt) ![]() ![]() |
Especialidade médica | infectoloxía e dermatoloxía ![]() |
Fármacos usados de tratamento
| |
Descrito pola fonte | |
Identificadores | |
Thesaurus do NCI | C26745 ![]() |
DiseasesDB | 17492 ![]() |
![]() |
Sintomas
editarNormalmente producen pel vermella e escamosa, proído e erupcións circulares. A perda de cabelo pode ocorrer na zona afectada. Os síntomas comezan entre 4 e 14 días despois da exposición ao fungo. A condición pode afectar varias áreas da pel ao mesmo tempo.[4]
Causas
editarA dermatofitose pode ser causada por preto de 40 fungos diferentes. Os máis comúns son os dos xéneros Trichophyton, Microsporum ou Epidermophyton.[2]
Factores de risco
editarEntre os factores de risco están o uso de vestiarios públicos, deportes de contacto como a loita, a sudación excesiva, o contacto con animais, a obesidade e a inmunodeficiencia.[5] [4]
Transmisión
editarAs infeccións poden transmitirse por outros animais ou entre persoas.[5] En moitos casos, o diagnóstico baséase na aparencia da pel e os síntomas. O diagnóstico pódese confirmar mediante cultivo microbiolóxico ou observación microscópica dunha mostra de pel.[6]
Prevención
editarA prevención consiste en manter a pel seca, non andar descalzo en lugares públicos e non compartir obxectos persoais.[5]
Tratamento
editarO tratamento normalmente consiste na aplicación de pomadas antifúnxicas como clotrimazol ou miconazol. Cando a enfermidade afecta o coiro cabeludo, poden ser necesarios antifúngicos orais como o fluconazol.[7]
Prevalencia
editarEn todo o mundo, cerca do 20% da poboación está infectada con dermatofitose nun momento dado.[8] As infeccións da ingua son máis comúns nos homes, mentres que as infeccións do corpo e do coiro cabeludo afectan a ambos os sexos por igual. As infeccións do coiro cabeludo son máis comúns en nenos, mentres que as infeccións da ingua son máis comúns entre os anciáns.[4]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiña.
- ↑ 2,0 2,1 "Definition of Ringworm". 6 de dezembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
- ↑ L., Jean (2012). Dermatology (en inglés). p. 1255. ISBN 978-0702051821. Arquivado dende o orixinal o 2016-09-15.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 J., Frank (2013). The 5-Minute Clinical Consult 2014 (en inglés). p. 1226. ISBN 9781451188509. Arquivado dende o orixinal o 2016-09-15.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Ringworm Risk & Prevention". 6 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
- ↑ "Diagnosis of Ringworm". cdc.gov. 6 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
- ↑ "Treatment for Ringworm". 6 de dezembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
- ↑ Mahmoud A. Ghannoum; John R. Perfect (24 de novembro de 2009). Antifungal Therapy. p. 258. ISBN 978-0-8493-8786-9. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Dermatofitoses no Manual Merck
- Tiña Arquivado 10 de novembro de 2021 en Wayback Machine. no dicionario galego de termos médicos (páxinas 761 e 762)
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |