Dexter , a enciclopedia libre

Dexter é unha serie de crime, drama e misterio que foi emitida a través da canle estadounidense Showtime dende o 1 de outubro de 2006 até o 22 de setembro de 2013.[1] Ambientada en Miami, a serie céntrase na personaxe de Dexter Morgan (Michael C. Hall), un técnico forense especializado na análise de patróns de sangue para o departamento de policía, que leva unha vida paralela como asasino en serie que acaba coa vida doutros asasinos e criminais. A primeira tempada está baseada na novela Darkly Dreaming Dexter (2004), a primeira das novelas sobre Dexter escritas por Jeff Lindsay.

Dexter

Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticosuspense, procedemento policial e drama televisivo Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
FranquíaDexter Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aJames Manos Jr. Editar o valor en Wikidata
Director/aMichael Cuesta, Tony Goldwyn, Robert Lieberman, Steve Shill, Adam Davidson, Keith Gordon, Marcos Siega e Jeremy Podeswa Editar o valor en Wikidata
Compositor/aDaniel Licht Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enMiami e Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Baseado enDarkly Dreaming Dexter Editar o valor en Wikidata
Parte deDexter Editar o valor en Wikidata
Universo ficticiouniverso de Dexter Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraShowtime Networks Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aCBS Media Ventures, Netflix e Hulu Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalShowtime Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo1 de outubro de 2006 Editar o valor en Wikidata
Remate1 de outubro de 2006 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Dimensións
Episodios96 Editar o valor en Wikidata
Tempadas8 Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeMiami e Sunset Gower Studios Editar o valor en Wikidata
Premios
Fontes e ligazóns
RedesIMDB: tt0773262 Filmaffinity: 482444 Allocine: 3004 Rottentomatoes: tv/dexter Metacritic: tv/dexter TV.com: shows/dexter
Twitter: SHO_Dexter Netlix: 70136126 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Sinopse

editar

Dexter é un forense especializado no sangue do Departamento de Policía de Miami. Tamén é un fiel mozo, un divertido padrasto, un irmán confidente e un friki do sangue para algúns; pero todo isto non son máis que papeis que, voluntariamente ou non, desempeña de cara a unha sociedade que non o aceptaría: Dexter é, e el sábeo, un monstro, un psicópata, un corpo sen alma, frío, calculador; un asasino en serie. Ou non. El goza con iso. Como a el lle gusta dicir é, simplemente, Dexter.

Unha vez coñecemos a Dexter, descubrimos que non hai nada que o inmute, que perturbe os seus soños, xa que nin sequera os ten; nin sequera ningún sentimento que non é capaz de posuír: nin o amor cara á súa moza ou á irmá, nin os atroces crimes aos que acode no seu traballo, nin as súas vítimas. Dexter está baleiro e o único que algunha vez lle causou pracer é a caza, o que ninguén sabe agás o seu pai, o único a quen lle puido confiar o seu segredo desde a súa infancia. Pero Dexter non é un asasino en serie común, xa que se ben comparte motivacións (o pracer da caza), grazas ao seu pai adoptivo posúe uns principios sólidos, cuestionables ou non, pero que como adoitaba dicir aquel, Harry Morgan, policía, o manteñen vivo.

Personaxes

editar
  1. Andy Ruddock (21 de setembro de 2013). "Vale Dexter, the serial killer who changed the face of TV violence". The Conversation Australia. Consultado o 23 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar