Digital object identifier , a enciclopedia libre
O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un tipo de identificador persistente ou handle único que permite identificar de modo unívoco diversos obxectos dixitais.[1] Foi estandarizado pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO 26324:2012).[2] O DOI forma parte un sistema estándar para a identificación e localización de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet.
Digital object identifier | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
![]() | |||
Nome curto | DOI, ДОИ e ЦІО ![]() | ||
Tipo | identificador de publicacións e identificador persistente (pt) ![]() ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2000 ![]() | ||
Composto por | |||
Composto por
| |||
Contacto | |||
Páxina WEB | doi.org… ![]() | ||
[ Wikidata ] |
É un sistema parecido aos identificadores URI. Unha forma común de empregar o sistema DOI é dar ás publicacións científicas un número específico que calquera pode utilizar para localizar a través da Rede o citado artigo. A diferenza do sistema URL, usado nas páxinas web, o sistema DOI non cambia co paso do tempo, aínda que o artigo sexa recolocado nun enderezo distinto posto que leva a información incorporada en forma de metadatos.
O sistema de control DOI foi elaborado pola Corporation for National Research Initiatives,[3] unha asociación estadounidense non lucrativa destinada a promover o desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación no campo da investigación científica.
A Fundación DOI xestiona o sistema DOI en nome das axencias encargadas dos rexistros DOI e é unha autoridade de rexistro da ISO 26324.[4]
Notas
editar- ↑ Miguel, Varo Ortega (5 de agosto de 2016). "DOI : Digital Object Identifier". Glosario de términos bibliotecarios (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2023. Consultado o 2 de novembro de 2023.
- ↑ "ISO 26324:2012(en) Information and documentation — Digital object identifier system". www.iso.org. Consultado o 2 de novembro de 2023.
- ↑ Corporation for National Research Initiatives
- ↑ Fundación DOI (ed.). "About Us". www.doi.org. Consultado o 2 de novembro de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Digital object identifier |