Dolabra , a enciclopedia libre
Unha dolabra é unha ferramenta versátil empregada pola xente da Península Itálica dende a antigüidade. Elaborada en metal, constaba dunha folla cun extremo afiado, en forma de machado, e outro aguzado, en forma de pico. Con esta forma servía como un pico a mineiros e escavadores, empregábase para tallar árbores e desbastar madeira ou como instrumento de sacerdotes para rituais relixiosos de sacrificio de animais. En caso de necesidade, podía empregarse como arma ofensiva.
Dolabra | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | familia de armas ![]() |
Subclase de | mattock (en) ![]() ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

Pola súa funcionalidade formaba parte do equipamento obrigatorio dos soldados romanos. Dada a súa utilidade para escavar trincheiras e levantar estacadas, era fundamental na construción de campamentos.
Achados en Galiza
editarAínda que é habitual atopar dolabras en xacementos romanos, non abundan os exemplares escavados en territorio galego.
Un dos exemplares máis interesantes atopouse no 2011 no Monte do Castro, no concello de Ribadumia. A dolabra, depositada no Museo de Pontevedra,[1] escavouse do interior dunha das vivendas. Dado que o castro presenta signos de destrución violenta, especúlase con que a dolabra puidese estar relacionada cun ataque dos lexionarios.[2]
Outro exemplar foi atopado no 2025 na piscina do balneario de Lugo. Neste caso pénsase que a dolabra forma parte dos moitos sedimentos que o Miño arrastrou á piscina despois de abandonada.[3]
Galería
editarNotas
editar- ↑ "Dolabra de ferro de Leiro. Monte do Castro (Ribadumia)". Colección do Museo de Pontevedra. Consultado o 8/7/2025.
- ↑ "Unha traxedia a finais da Idade do Ferro". Cultura Galega. 22/9/2011. Consultado o 8/7/2025.
- ↑ Gago, Manuel (7/7/2025). "O lameiro que gardaba unha época enteira". p. Cultura Galega. Consultado o 8/7/2025.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Adrian Goldsworthy, The Complete Roman Army