Axencia Europea de Seguridade Aérea , a enciclopedia libre

A Axencia Europea de Seguridade Aérea (en inglés European Aviation Safety Agency ou EASA) é unha axencia da Unión Europea con tarefas normativas e executivas no campo da seguridade aérea civil. Baseada en Colonia, a EASA creouse o 15 de xullo de 2002[1] e acadou a súa funcionalidade plena no ano 2008, asumindo as funcións das Autoridades Conxuntas de Aviación (Joint Aviation Authorities ou JAA). Os países da Asociación Europea de Libre Comercio teñen garantida a súa participación na axencia.

Axencia Europea de Seguridade Aérea


Instancia deaviation authority (en) Traducir e axencia da Unión Europea Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Actividade
Data
Fundación28 de setembro de 2003 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Substitúe aJoint Aviation Authorities (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 50°56′38″N 6°57′45″L / 50.94385, 6.96242
PaísAlemaña Editar o valor en Wikidata
SedeColonia Editar o valor en Wikidata
Área de operaciónUnión Europea e Asociación Europea de Libre Comercio Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBeasa.europa.eu Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: European.Aviation.Safety.Agency Twitter: easa LinkedIn: easa-european-aviation-safety-agency Youtube: UC71zEXeufZ3nfBhs_QUiFeg Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

As responsabilidades da EASA inclúen a análise e investigación da seguridade, autorizando operadores estranxeiros, asesorando a redacción da lexislación da UE, poñendo en funcionamento e monitorizando regras (como as inspeccións nos estados membros), dándo certificacións de tipo de avións e compoñentes e aprovando as organizacións relacionadas co deseño, fabricación e mantemento de produtos aeronáuticos.

Como parte do Ceo Único Europeo II, a axencia recibiu tarefas adicionais.[2] Entre outras cousas, a EASA poderá certificar bloques funcionais aéreos se participan máis de tres partes.

  1. Unión Europea (ed.). "EASA". Consultado o 31 de xullo de 2017. 
  2. Eur-lex.europa.eu (ed.). "Regulation of the European Parliament and of The Council". Consultado o 31 de xullo de 2017.