Elizabeth Rosemond Taylor, coñecida como Liz Taylor, nada o 27 de febreiro de 1932 e finada o 23 de marzo de 2011, foi unha actriz norteamericana nada en Inglaterra. Desenvolveu nos Estados Unidos unha carreira artística que se estendeu por máis de sesenta anos, na que adquiriu popularidade principalmente como actriz en películas de Hollywood.[1]
Dama 
Elizabeth Taylor  |
|
Nacemento | (en) Elizabeth Rosemond Taylor  27 de febreiro de 1932  Hampstead Garden Suburb, Reino Unido  |
---|
Morte | 23 de marzo de 2011 (79 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América  |
---|
Causa da morte | insuficiência cardíaca congestiva (pt)  |
---|
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park  |
---|
Relixión | Xudaísmo e cristianismo  |
---|
Educación | Byron House School  |
---|
Altura | 160 cm  |
---|
Cor dos ollos | Dark blue (en)  |
---|
Cor do pelo | Cabelo castaño  |
---|
|
Lugar de traballo | Reino Unido  |
---|
Ocupación | filántropa, actriz de cinema, produtora, coleccionista de arte, activista contra a VIH/sida, escritora, actriz de teatro, actriz de televisión, autobiógrafa, actriz  |
---|
Período de actividade | 1942 - 2003  |
---|
Partido político | Partido Republicano  |
---|
Influencias | |
---|
|
Cónxuxe | Larry Fortensky (1991–1996), divorcio John Warner (1976–1982), divorcio Richard Burton (1975–1976), divorcio Richard Burton (1964–1974), divorcio Eddie Fisher (1959–1964), divorcio Mike Todd (1957–1958), morte do cónxuxe Michael Wilding (1952–1957), divorcio Conrad Hilton, Jr. (1950–1951), divorcio  |
---|
Fillos | Michael Wilding junior ( ) Michael Wilding Christopher Wilding ( ) Michael Wilding Liza Todd ( ) Mike Todd  |
---|
Pais | Francis Lenn Taylor e Sara Sothern  |
---|
Parentes | Mike Todd, Jr., fillastro Carrie Fisher, fillastra Todd Fisher, fillastro Kate Burton, fillastra Jessica Burton, fillastra Virginia Warner, fillastra John William Warner IV, fillastro Mary Warner, fillastra Maria Burton, filla adoptiva  |
---|
|
|
Sinatura  |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih,  Medvik >>>:Taylor, Elizabeth, 1932-2011,  |
---|
Sitio web | elizabethtaylor.com  |
---|
 |
Foi unha icona do cinema clásico grazas á súa beleza e mais as súas habilidades para a interpretación, así como tamén por mor do seu estilo de vida de Hollywood, incluíndo oito matrimonios, dous deles co tamén actor Richard Burton, e extravagancias. Taylor está considerada unha das grandes actrices dos anos dourados de Hollywood. O American Film Institute designou a Taylor como a sétima entre as estrelas femininas máis grandes de todos os tempos.