Escaleira , a enciclopedia libre
Unha escaleira é unha construción deseñada para unir diversos espazos situados en varios niveis en vertical, dividíndoo en alturas reducidas cun lugar para poñer o pé, chamadas chanzos. Poden ser fixas, transportábeis ou móbiles. A escaleira ampla, xeralmente artística ou monumental, coñécese co nome de escalinata. A transportábel ou «de man», elaborada con madeira, corda ou ambos os dous materiais, denomínase escada. A escaleira cuxos chanzos se desprazan mecanicamente chámase escaleira mecánica.

Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de escaleiras de Galicia.
- Unha escada metálica.
- Unha escada de madeira.
- Escaleira nun depósito, porto petroleiro da Coruña
- Escaleira tripla no Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.
- Escaleira na vila vella de Ribadavia.
- Escaleiras con varanda metálica de Santa María en Pontevedra.
- Oco dunha escaleira contemporánea.
- Escaleiras no Castelo de Castro Caldelas.
- Escaleiras arredondadas de acceso ao Castelo de Sobroso en Mondariz.
- Escada de Jacobs Ladder en Santa Helena.
- Escaleiras na Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela.