Espiña escapular , a enciclopedia libre
A espiña escapular é unha formación ósea situada na superficie posterior da omoplata ou escápula. Ten un traxecto oblicuo, ascendente cara a fóra. Separa a fosa supraespiñal da fosa infraespiñal. En orixe é unha pequena superficie ósea triangular que presta inserción ao músculo trapecio. Vai ascendendo e facéndose maior, ata formar o acromio.
Espiña escapular | |
---|---|
spina scapulae ![]() | |
![]() | |
Instancia de | clase de entidade anatómica ![]() |
Subclase de | zone of scapula (en) ![]() ![]() |
Parte de | dorsal surface (en) ![]() ![]() |
Conéctase con | ligamento espino-glenoideo ![]() |
Composto por | |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
Identificadores | |
Terminologia Anatomica 98 | A02.4.01.005 |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Estrutura
editarSuperficies
editarA escápula ten dúas superficies:
- A superior ten forma cóncava e permite a inserción do músculo supraespiñal.
- A inferior forma parte da fosa infraespiñal e permite a inserción do músculo infraespiñal. Adoita posuír un burato polo que unha arteria nutre ao óso.
Bordos
editar- O bordo anterior continúase co resto da escápula
- O bordo posterior é libre e presenta dous labios e un suco. O labio superior serve para a inserción do músculo trapecio e pode posuír un pequeno tubérculo. O labio inferior permite a inserción do músculo deltoide. O suco é subcutáneo e non ten apenas relevancia funcional.
- O bordo lateral é o máis pequeno dos tres e se continúa a través do acromio. Forma parte dos límites do burato supraescapular.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.