Event Horizon , a enciclopedia libre

Event Horizon é un filme británico-estadounidense de terror e ciencia ficción dirixido por Paul W. S. Anderson que se estreou en 1997. O guión foi escrito por Philip Eisner, e re-escrito sen acreditar por Andrew Kevin Walker. Está protagonizado por Laurence Fishburne e Sam Neill. Ambientado no ano 2047, o filme segue a un grupo de astronautas enviados nunha misión de rescate á nave Event Horizon, que apareceu de súpeto no órbita de Neptuno logo de sete anos desaparecida. Mentres buscan algún sinal de vida na nave, o grupo de rescate descobre que a Event Horizon conta cun motor experimental que abriu unha fenda no continuo espazo tempo, permitindo a entrada dunha entidade hostil a bordo.

Event Horizon
Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema de terror, cinema de ciencia ficción, cinema de aventuras e cinema fantástico Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Interpretado porMichael Kamen Editar o valor en Wikidata
Director/aPaul W. S. Anderson Editar o valor en Wikidata
Compositor/aMichael Kamen Editar o valor en Wikidata
GuionistaPhilip Eisner (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaAdrian Biddle Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalSobrenatural, inferno, burato de verme, perda, arranxar conta co pasado e voo espacial Editar o valor en Wikidata
Ambientado ensistema solar, Neptuno, Lewis and Clark (en) Traducir e Event Horizon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Época ambientación2047 Editar o valor en Wikidata
Universo ficticioEvent Horizon universe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeReino Unido e Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aLawrence Gordon e Lloyd Levin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EditorialCBS Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraParamount Pictures Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aParamount Pictures Editar o valor en Wikidata
Recadación26.673.242 $ Editar o valor en Wikidata
Custo60.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 32 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxePinewood Studios e Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Premios
Fontes e ligazóns
RedesIMDB: tt0119081 Filmaffinity: 622455 Allocine: 17491 Rottentomatoes: m/event_horizon Mojo: eventhorizon Allmovie: v158616 TCM: 443067 Metacritic: movie/event-horizon TV.com: movies/event-horizon Netlix: 1179574 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Event Horizon tivo un produción dificultosa, cunha gravación e edición apreurada por parte de Paramount para asegurar que a data de estrea prevista non coincidise con Titanic. O corte orixinal de 130 minutos foi duramente editado por orde do estudio, para a consternación do director Paul W.S. Anderson. Na súa estrea, foi un fracaso comercial e da crítica, recadando só $26,7 millóns sobre un orzamento de $60 millóns. A crítica comparou o filme de xeito pouco favorable con Alien, Hellraiser, The Black Hole, Solaris, Star Trek, Stargate, Fantastic Voyage, The Andromeda Strain, The Shining e 2001: Unha odisea do espazo.

Malia o fracaso na gran pantalla, o filme comezou a venderse ben en vídeo; a súa estrea en DVD foi tan ben que a Paramount contactou con Anderson pouco despois para comezar a traballar na restauración do material eliminado. Porén, descubriuse que o material estaba perdido ou destruído. Co paso dos anos, foise convertendo nun filme de culto, e é un referente noutras obras da cultura popular.[1]

Personaxes

editar
  1. Event Horizon: From Doomed Ship to Cult Gem Den of Geek. Consultado o 2 de febreiro de 2017.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar