Finding Neverland , a enciclopedia libre

Finding Neverland é unha película de 2004 dirixida por Marc Forster. Conta a experiencia de J. M. Barrie escribindo o clásico infantil Peter Pan.

Finding Neverland
Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema dramático, filme biográfico e filme de fantasía Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aMarc Forster Editar o valor en Wikidata
Director/aMarc Forster Editar o valor en Wikidata
Compositor/aJan A. P. Kaczmarek (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
GuionistaDavid Magee Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaRoberto Schaefer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineMatt Chesse Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalJames Matthew Barrie Editar o valor en Wikidata
Ambientado enLondres Editar o valor en Wikidata
Inspirado na obra deAllan Knee Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América e Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Produtor/aRichard N. Gladstein (pt) Traducir, Nellie Bellflower (pt) Traducir, Neal Israel (pt) Traducir, Bob Weinstein e Harvey Weinstein Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraFilmColony (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aMiramax e Netflix Editar o valor en Wikidata
Recadación116.766.556 $ Editar o valor en Wikidata
Custo25.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 37 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
ColecciónMuseo de Arte Moderna de Nova York Editar o valor en Wikidata
Localización rodaxeLondres e Pinewood Studios Editar o valor en Wikidata
Premios
Contacto
Páxina WEBmiramax.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0308644 Filmaffinity: 638214 Allocine: 32458 Rottentomatoes: m/finding_neverland Mojo: findingneverland Allmovie: v284568 TCM: 452507 Metacritic: movie/finding-neverland TV.com: movies/finding-neverland Netlix: 70001999 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Sinopse

editar

Sir James Matthew Barrie é un escritor de obras de teatro. Cando as súas obras xa non reciben boas críticas decide escribir unha nova historia. Mentres está no parque coñece a Sylvia Llewelyn Davies e os seus fillos, Peter, Jack, George e Michael. Peter é o único ao que parece non agradar James. Barrie crea unha grande amizade coa familia, pero non é ben vista pola súa esposa Mary nin pola nai de Sylvia.

O escritor e a familia pasan un magnífico verán xuntos no cal os mozos e el mesmo aprenden moitas cousas xuntos. Especialmente Peter, con quen J.M. Barrie crea un gran lazo de amizade, inseparable. Unha vez, no campo, de paseo, Sylvia comeza a tusir descontroladamente e descóbrese que posúe un problema pulmonar, pero decide non someterse a medicacións nin tratamentos.

A esposa de James cánsase de ter que compartir o seu marido con outra familia e decide deixalo. Sylvia empeora rapidamente, chegando a un punto no cal xa non hai moitas esperanzas.

Barrie escribe unha extraordinaria obra inspirada nas súas experiencias xunto á familia de Sylvia, sendo Peter o protagonista da historia. A obra é todo un éxito, cativando o público coa fantasía e as orixinais personaxes.

A saúde de Sylvia non mostra ningún cambio. A noite da estrea o señor Barrie vai buscala, a pedirlle que deixe de finxir que nada pasa. Pero ela dálle a entender que a súa hora está a chegar e é irremediable. Así é como un día George pídelle á súa nai que baixe ao salón e alí atópase coa mesmísima obra, na casa. Ao final, un pano despréndese da parede da casa e detrás del atópase Nunca xamais. Sylvia entra alí e aí é onde morre, debuxando esa morte tras unha estadía eterna en Nunca xamais. James e a señora Llewelyn Davis comparten a tutela dos nenos de Sylvia.

Diferenzas

editar

As diferenzas entre historia real e a película son:

  • Había cinco nenos no canto de catro.
  • O esposo de Sylvia aínda estaba vivo cando Barrie coñece a familia.
  • Sylvia morreu seis anos despois da estrea da obra.

Premios

editar
Categoría Persoa Resultado
Oscar a mellor película Candidata
Oscar ao mellor guión adaptado David Magee Candidato
Óscar ao mellor actor Johnny Depp Candidato
Óscar a mellor banda sonora Jan A.P. Kaczmarek Gañador
Oscar ao mellor deseño de vestiario Alexandra Byrne Candidata
Oscar a mellor dirección de arte Gemma Jackson Candidata
Óscar ao mellor montaxe Thelma Schoonmaker Candidata