Frigg , a enciclopedia libre

Frigg -tamén chamada Frigga, Fricca e Friia- é a deusa do amor, a fertilidade e a fidelidade conxugal. O seu nome significa "a amada". Forma parte da trindade formada por Freia, Iord e ela mesma.

Frigg

Tipodeidade nórdica e deusa Editar o valor en Wikidata
Venerado pormitoloxía nórdica Editar o valor en Wikidata
Obra
Biografía
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
Actividade
ResidenciaFensalir (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiFjörgynn Editar o valor en Wikidata
CónxuxeOdín Editar o valor en Wikidata
Fillo/aBalder Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ] C:Commons ]

É asociada á figura da esposa, e polo tanto da fertilidade, pero tamén se asocia co agro, a gandería, as tarefas domésticas e as batallas principalmente. Frigg pode ser considerara como a terra habitada, cultivada e a morada do home.

A súa orixe é bastante confusa, crese que é filla da Nai Terra (Iord). É esposa de Odín e nai de Balder, Bragi, Hermod e Thor. Frigg coñece o futuro, pero non pode revelalo. Vive con Odín no Virigolf, o paraíso onde van as almas dos xustos, no palacio de Hlidskialf, na sala de Fensalir (da lagoa). Como Freia, é afeccionada ás xoias.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar