Fuji Speedway , a enciclopedia libre

Fuji Speedway é o actual circuíto de Fórmula 1 do Xapón, que se atopa en Shizuoka, ao pé do monte Fuji. Comprouno Toyota Motor Corporation no ano 2000. Desde o ano 2007 alberga novamente o Gran Premio de Fórmula 1, realizándose a finais de setembro, baixo o nome de 2007 FIA Formula One World Championship Fuji Television Japanese Grand Prix.

Fuji Speedway


Tipocircuíto automobilístico Editar o valor en Wikidata
EpónimoMonte Fuji Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Usado porFórmula 1 Editar o valor en Wikidata
OcupanteXogos Olímpicos de 2020 Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaKabushiki gaisha Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación19 de decembro de 1963 Editar o valor en Wikidata
Inauguración3 de xaneiro de 1966 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
Gran Premio do Xapón Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 35°22′18″N 138°55′36″L / 35.371666666667, 138.92666666667
EstadoXapón
PrefecturasPrefectura de Shizuoka
Distrito (pt) TraducirDistrito de Suntõ (pt) Traducir
VilaOyama (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBfsw.tv Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: fsw.tv Twitter: fswpress Instagram: fujispeedway_official Youtube: UC9Y4X7WLVnYQGcxKZ5698kA Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

Historia

editar

Deseñouse coa idea de facerunha pista de carreiras enorme, de 33,3 km cunha largada de 10 km, pero non houbo orzamento abondo para completar o proxecto, e só completou unha oitava parte. O circuíto abriu as súas portas en decembro de 1965, e demostrouse que era unha pista perigosa, xa que nela se deron moitos casos de accidentes. Por mor disto, construíuse unha nova parte do circuíto, e finalmente quedou coa lonxitude de 4,359 km, e mellorou significativamente o seu estado.

A primeira carreira de Fórmula 1 que se disputou nesta pista foi ao final da tempada de 1976. Naquela carreira púidose ver unha dramática loita entre James Hunt e Niki Lauda cunhas condicións climáticas pésimas. Ao final, Mario Andretti gañou a carreira, Lauda tivo que retirarse debido ao mal tempo e Hunt logrou conseguir os puntos suficientes para adxudicarse matematicamente o título de campión do mundo. Con todo, non se festexou do mesmo xeito a segunda carreira, que tivo lugar en 1977. Naquela sinistra carreira, Gilles Villeneuve estivo involucrado nunha tráxica colisión que matou dúas persoas que estaban preto da pista. Logo desta carreira, o circuíto xa non volveu presenciar ningunha carreira de F1. Dez anos máis tarde, a organización da F1 volveu permitir ao Xapón ser o anfitrión dun Gran Premio, pero esta vez o circuíto pasou a ser Suzuka.

Fuji Speedway continuou albergando campionatos e carreiras de coches deportivos, e moitas veces utilizouse para carreiras nacionais. A velocidade continuou sendo moi elevada, e por iso tivéronse que engadir dúas chicanes ao circuíto, unha xusto logo da primeira curva, e outra antes de entrar ao larguísimo e rapidísimo tramo final. Con todo, estes cambios non puideron evitar que o circuíto seguise tendo unha das rectas máis longas de todo o mundo, con 1,3 km de lonxitude.

Esta recta úsase ás veces para as carreiras de arrancóns. En 1989 e en 1993 producíronse eventos importantes deste tipo. As carreiras locais son tamén moi correntes. O circuíto continua usándose para carreiras nacionais xaponesas. En 1991 o circuíto deixou de ter utilidade, ata outono do 2000, ano no que Toyota decidiu comprar a pista.

En 2003, o circuíto pechouse para poder realizar unha reestruturación da pista, seguindo o deseño de Hermann Tilke. Logo disto, a pista volveuse a abrir o 10 de abril de 2005. Toyota realizou a proposta de utilizar o circuíto remodelado de Fuji para o Gran Premio do Xapón na tempada de 2007, e desta forma substituír así o de Suzuka.

O circuíto é moi coñecido polos amantes do Pole Position dado que foi o primeiro circuíto que apareceu nun videoxogo.

Gañadores de Fórmula 1 no circuíto de Fuji

editar
Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1976   Mario Andretti Lotus-Ford 1:43:58,860 h 4,359 km 73 183,615 km/h 24 de outubro   Xapón
1977   James Hunt McLaren-Ford 1:31:51,680 h 4,359 km 73 207,840 km/h 23 de outubro
2007   Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 2:00:34,579 h 4,563 km 67 152,130 km/h 30 de setembro
2008   Fernando Alonso Renault 1:30:21,842 h 4,563 km 67 202,790 km/h 12 de outubro

Curvas

editar
  1. 第一コーナー / First Corner 27R / Primeira Curva 27R
  2. 75R
  3. コカ・コーラコーナー / Coca Cola Corner 80R / Curva Coca Cola 80R
  4. 100R
  5. ヘアピンコーナー / Hairpin Corner 30R / Curva Hairpin 30R
  6. 120R
  7. 300R
  8. ダンロップコーナー / Dunlop Corner 15R / Curva Dunlop 15R
  9. 30R
  10. 45R
  11. ネッツコーナー / Netz Corner 25R / Curva Netz 25R
  12. パナソニックコーナー / Panasonic Corner 12R / Curva Panasonic 12R

Aparicións en videoxogos

editar
  • En Gran Turismo 4, pódese transitar tanto polo trazado antigo sen chicane (1974-85), como polo actual con chicane (1986-92) e no máis novo de 2005 nas súas dúas versións, con chicanes e sen chicanes.
  • No TOCA Race Driver pódese circular polo trazado na súa versión máis nova de 1993-2004.
  • No Tourist Trophy tamén se pode percorrer o circuíto.


Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar