Full Tilt! Pinball , a enciclopedia libre
Full Tilt! Pinball é un videoxogo de computador de pinball desenvolvido por Cinematronics e publicado por Maxis en 1995. Ten tres mesas de xogo diferentes con gráficos 3D: Space Cadet, Skulduggery e Dragon's Keep. En cada mesa, amósanse a puntuación, o número de bólas, o número do xogador e información diversa sobre a partida.
Full Tilt! Pinball | |
---|---|
Tipo | videoxogo ![]() |
Xénero artístico | pinball e arcade ![]() |
Modo de xogo | videoxogo multixogador e videoxogo para un xogador ![]() |
Autoría | |
Desenvolvedor | Cinematronics, LLC ![]() |
Publicación | |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Editorial | Maxis ![]() |
Formato de distribución | disco compacto ![]() |
Plataforma | Microsoft Windows e Mac OS Classic ![]() |
[ Wikidata ] |
3D Pinball for Windows – Space Cadet
editar3D Pinball for Windows – Space Cadet é unha versión do xogo desenvolvida por Microsoft Windows. Foi incluída orixinalmente con Microsoft Plus! 95 e despois con Windows NT 4.0, Windows Me, Windows 2000, as edicións de 32 bits de Windows XP e Windows XP Professional x64 Edition. Windows XP foi o derradeiro produto de Windows en incluír o xogo.[1]
Notas
editar- ↑ Chen, Raymond (18 de decembro de 2012). The Old New Thing, ed. "Why was Pinball removed from Windows Vista?". Consultado o 4 de novembro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Joystiq.Com, ed. (25 de xullo de 2006). "Windows Vista's Casual Games". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2016.
- Full Tilt! Pinball Windows 95 demoArquivado 05 de marzo de 2009 en Wayback Machine.