Ponyo no cantil , a enciclopedia libre
Ponyo no cantil[1] (en xaponés: 崖の上のポニョ; Gake no ue no Ponyo) é un filme xaponés de animación do estudio de anime Studio Ghibli, dirixido e escrito por Hayao Miyazaki, director de Mononoke Hime, A viaxe de Chihiro e Hauru no Ugoku Shiro.
Ponyo no cantil | |
---|---|
![]() | |
Tipo | filme de anime ![]() |
Forma artística | longametraxe ![]() |
Xénero artístico | filme de fantasía, filme infantil e cinema de aventuras ![]() |
Lingua orixinal | lingua xaponesa ![]() |
Autoría | |
Director/a | Hayao Miyazaki ![]() |
Compositor/a | Joe Hisaishi ![]() |
Guionista | Hayao Miyazaki ![]() |
Director/a fotografía | Atsushi Okui ![]() |
Editor/a de cine | Hayao Miyazaki e Takeshi Seyama ![]() |
Temática | |
Ambientado en | Xapón ![]() |
Publicación | |
Data publicación
| |
País orixe | Xapón ![]() |
Produtor/a | Toshio Suzuki ![]() |
Produtor/a executivo | Kōji Hoshino, John Lasseter e Hayao Miyazaki ![]() |
Compañía produtora | Studio Ghibli ![]() |
Distribuidor/a | Toho, Netflix e HBO Max ![]() |
Recadación | 202.400.000 $, 15.743.471 $ e 15.500.000.000 ¥ ![]() |
Custo | 34.000.000 $ ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Parte da serie | filmes de Studio Ghibli ![]() |
Puntuación crítica
| |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 41 minutos ![]() |
Premios | |
Premios | |
Nomeamentos | |
Fontes e ligazóns | |
Páxina WEB | ghibli.jp… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Estreouse dobrado ao galego en NUMAX o 1 de agosto de 2025.[1]
Sinopse
editarSosuke é un neno de cinco anos que atopa unha peixiña de cor vermella cando estaba xogando na praia a carón da súa casa. Ese peixe ten atascada a cabeza nun tarro de marmelada e Sosuke axúdaa a liberarse e adóptaa co nome de Ponyo. Porén, o pai de Ponyo é un feiticeiro que vive no máis profundo do océano e obrígaa a volver con el ás profundidades do mar. "Quero ser humana!", exclama Ponyo e, decidida a transformarse nunha nena e regresar con Sosuke, foxe do seu pai. Mais non vai ser doado reunirse con Sosuke.
Personaxes
editar(Voces de dobraxe da versión orixinal xaponesa).
- Yuria Nara como Ponyo
- Hiroki Doi como Sosuke
- Jòji Tokoro como Fujimoto
- Tomoko Naraoka como Yoshie
- Kazuko Yoshiyuki como Toki
- Yuki Amami como Grandmammare
- Tomoko Yamaguchi como Lisa
- Akiko Ogawa como Noriko
- Kazushige Nagashima como Koichi
- Tokie Hidari como Kayo
- Emi Hiraoka como Kumiko
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 @Fansubgalego (ed.). "Ponyo no cantil en galego en Numax". Consultado o 28 de xullo de 2025.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponyo no cantil |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web Oficial (en xaponés)