Gattaca , a enciclopedia libre
Gattaca é un filme de ciencia ficción realizado en 1997. Escrito e dirixido por Andrew Niccol, conta no seu elenco con Ethan Hawke, Uma Thurman e Jude Law nos papeis protagonistas e Gore Vidal e Alan Arkin como actores secundarios.
Gattaca | |
---|---|
![]() | |
Tipo | filme ![]() |
Xénero artístico | cinema de ciencia ficción, cinema dramático, filme distópico, biopunk e cinema de ciencia ficción de autor ![]() |
Lingua orixinal | lingua inglesa ![]() |
Autoría | |
Interpretado por | Michael Nyman ![]() |
Director/a | Andrew Niccol ![]() |
Compositor/a | Michael Nyman ![]() |
Guionista | Andrew Niccol ![]() |
Director/a fotografía | Sławomir Idziak ![]() |
Editor/a de cine | Lisa Zeno Churgin ![]() |
Deseñador/a produción | Jan Roelfs ![]() |
Actores | |
Publicación | |
Data publicación
| |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Produtor/a | Danny DeVito, Stacey Sher e Gail Lyon (en) ![]() ![]() |
Compañía produtora | Columbia Pictures ![]() |
Distribuidor/a | Columbia Pictures e Netflix ![]() |
Recadación | 12.532.777 $ ![]() |
Custo | 36.000.000 $ ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Puntuación crítica
| |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 41 minutos ![]() |
Localización | |
Localización rodaxe | San Diego ![]() |
Premios | |
Premios | |
Nomeamentos
| |
Fontes e ligazóns | |
Páxina WEB | sonypictures.com… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |


O filme presenta unha visión futurista dunha sociedade altamente tecnoloxizada rexida a través da selección xenética. Nun futuro próximo non precisado, os enxeñeiros xenéticos deseñan meniños-probeta para as clases altas optimizando a través da fecundación in vitro os mellores caracteres xenéticos dos seus pais. Unha base de datos xenética identifica e clasifica automaticamente os "válidos" (os creados por medios artificiais libres de enfermidades e defectos) fronte ós "in-válidos" (os concibidos bioloxicamente). Aínda que a discriminación xenética está legalmente prohibida, na práctica as corporacións recorren a análises de ADN para seleccionar o seu persoal de modo que os "válidos" aparecen cualificados para os mellores postos en tanto que os individuos concibidos polos métodos tradicionais son relegados a unha nova subclase encargada dos traballos subalternos.
Trama
editarCando a perfección física se converteu na norma grazas ós avances da biotecnoloxía, os espécimes "in-válidos" téñeno máis cru para conseguiren facer valer a súa vontade. O soño de Vincent Freeman (Ethan Hawke), un "in-válido" cun defecto cardíaco, é chegar a voar ó espazo exterior. Vincent só conseguirá ser tomado en serio no programa espacial denominado "Gattaca" cando asuma a identidade de Jerome (Jude Law), un "válido" que lle proporciona sangue, implantes de tecido e mostras de urina a cambio de amizade (está incapacitado por ter un accidente de coche). O subterfuxio funciona ata que ten lugar un asasinato no seu lugar de traballo e as autoridades comezan as investigacións.
Temas
editarA película trata sobre os desenvolvementos biotecnolóxicos que facilitan a euxénese e a reproxenética, e as súas posibles consecuencias na sociedade que as permite. Explorando o tema do destino e as maneiras en que goberna as nosas vidas, o filme presenta os personaxes en continua loita coa sociedade e consigo mesmos para atopar un lugar no mundo. Os temas aparentes no filme inclúen os seguintes: a identidade persoal, a amizade, o amor, a esperanza, a rivalidade entre irmáns, a vontade de ser (incluso tratando de ser algo que non se é para cumprir os soños), o determinismo xenético (o que un está destinado a ser segundo os seus xenes) e as limitacións e posibilidades humanas.
Estilo
editarClasificado como cine de ciencia ficción, a película enmárcase na liña biopunk da fantaciencia. Conscientemente arredada da sensiblería de filmes de serie B de ínfima calidade que dominaron a fantasía científica dos noventa, Gattaca volve ás raíces das alienantes distopías de Un feliz mundo novo e Fahrenheit 451.
De estética fría e elegante, o estilo do vestiario, dos peiteados, dos edificios e dos automóbiles conduce ó mundo moderno dos primeiros anos sesenta. A tecnoloxía, pola contra, parece atoparse nun estado moi avanzado: o contraste entre estes dous elementos achegan o filme ós trazos característicos da vea steampunk.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha do IMDb (Internet Movie Database) (en inglés)
- Sitio Oficial Arquivado 01 de setembro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
- Recensión de Roger Ebert Arquivado 08 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)